Tarde de frio polar, os que estaban no banco rechinaban os dentes e non era para menos. Unha foliada de cambios apesares de que aínda houbo dous ou tres que estaban alí pero non se vestiron. De nada nos serviu. Derrota merecida.
O único positivo
a volta de dous craks en todo o sentido, aquí os tendes: O Bardo de Varcia e o Presi........ Nesta foto xunto co Presi está Pepe ataviado apropiadamente para a ocasión.
Pouco más queda que dicir deste mal partido, só que como de costume ao final do mesmo tivo lugar o xa famoso mundialmente "terceiro tempo" a base de "conexada" e "churrascote", ahí sí que é difícil que nos gañen....non oh......ahí non nos gañan nin de coña.
Finalmente déixovos coa reportaxe fotográfica que ao ser de noite..........ten algunhas carencias:
3 comentarios:
O traballo fotográfico teño que dicir que é dunha calidade excepcional.Hai ben anos que non estou nun campo de fútbol con tanto frío como o deste último día...Non é disculpa,tamén o sería para eles...,claro que poñerse con tanta vantaxe...,tampouco é fácil de asimilar por parte do que vai detrás...A ver se para o pr´ximo día recuperamos o terreo perdido.De todos os xeitos ,eles non eran mancos...Roel supoño que xa se recuperaría do terceiro tempo.Que non se queixe,pois gañou todas as partidas de tute.Claro que xgou de compañeiro con un que perdiu un xelado en Santiago,no Dubrés,detrás da Catedral,en 1968...Sen comentarios!
Gracias oh.....(polo do traballo fotográfico me refiro). A verdade é que pasamos todos un frio de carallo, claro que non nos dimos cuenta de que cerca había unha taberna donde servían café con unhas "pingas" de augardente, tal como se faía nos vellos tempos, que nos axudaría a todos soportar millor as inclemencias do tempo. Xa me contaron...xa que foi un gran "terceiro tempo", pero iso neste equipo non é novidade ninguna. ¡O tercerio tempo e o noso!
o sábado.saimos as 16.30,o partido empeza as 18h en MELIDE
Publicar un comentario