jueves, 30 de abril de 2009

Finde sen futebol

Hola xente!! Como este sábado non hai futebol e temos unha ponte, seguro que algún sairá de viaxe. Tede coidado na carretera, por vós e polos de verde que vos poden poñer unha multa. Teño escoitado que últimamente andan encima dos infractores con métodos novedosos.



Se non tedes tanta sorte coma o rapaz do video anterior tede coidado con non pagar porque ahora reclaman as multas de forma moi vehemente.



Xa sabedes, andade con ollo e disfrutade destes días de asueto que nos trae o calendario.
Saudos e... Forza Bergantiños!!

martes, 28 de abril de 2009

San Pedro 4 - Bergantiños 3 ¡¡FRENAZO!!

Hola a todos, como estiven ausente no partido deste sábado vou a collerlle prestada a crónica ó noso poeta oficial, o señor Manolo de Trigo (O Bardo de Barcia):

"O 25 de abril, partido para esquecer en Airiños (Vedra). Caracterizámonos pola baixa actitude, de aí que caéramos 4 a 3. Houbo un intre no que estivemos 1 a 1, foi unha xogada protagonizada por un de Barcia e executada por outro de Vilar de Suso, claro, os dous de Sísamo, a parroquia de máis sarego de Carballo de Bergantiños, que, á fin, no fondo, sómosche un pobo boscoso e fluvial, antigo de brañas e xunqueiras debuxadas polo vento no lenzo da historia. Isto do final vai dedicado ao noso Sudafricano para que lle aflore a saudade e a morriña e lembre que eiquí tamén o botamos de menos.
Ben, agora só nos queda gañar algún partido máis, se non... Así que xa sabedes, a adestrar. Algúns imos ir este xoves ao campo do chorís para rematar en Oza de Bergantiños na de Tino de Bardanca e aproveitar para exercer, unha vez máis, de "exploradores" de tabernas, que é o noso."

Déixovos aquí abaixo o resultado de todos os partidos da xornada e xa tedes a clasificación actualizada no lateral da páxina (seguimos séptimos).

Un saudo e... Forza Bergantiños!!


Xornada: 24 - 25/04/2009

Fecha Local

Visitante Estado
25/04/2009 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 2 0 LAMELA Jugado
25/04/2009 IMPRENTA AYUDE ARZUA 1 3 SOGRANI - PORTOSIN Jugado
25/04/2009 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 1 0 HOTEL PLAZA DE MAURA Jugado
25/04/2009 CATERING CARLIN SAN PEDRO 4 3 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS Jugado
25/04/2009 VETERANOS CD BERRES 2 3 VETERANOS DEL COMPOSTELA Jugado
25/04/2009 ROPERCORT G. V. TRAZO 3 1 FINSA Jugado
25/04/2009 HAMBURGUESERIA VERDE 1 1 CIRE DE MELIDE Jugado
25/04/2009 STRADIVARIUS BRION 1 3 CARPINT. MARQUEZ VILELA Jugado

viernes, 24 de abril de 2009

Nova hora de saída

Hola a todos, despois de falar entre nós chegamos á conclusión de que non sabemos onde está o campo así que modificamos a hora de saída.

Salimos do Cabanote ás 16:30

Sede puntuais que nos fai falta o tempo. Un saudo e ata mañá!!

miércoles, 22 de abril de 2009

Próximo partido: San Pedro - Bergantiños

Catering Carlin San Pedro

VS

Cafetería Manaus Bergantiños

Levade as camisetas negras que eles xogan de azul e laranxa

Sábado 25 ás 18:30 en Eiriños (Boqueixon)

Ás 16:30 horas arrancamos do Cabanote

Ás 10 da noite haberá paella no Madrid e sobre as 12 dará comezo o recital de costumbre.

Resultados xornada 23

Boas xente, hoxe ímos a poñer os resultados da segunda división nesta última xornada, a 23. A falta de sete encontros para o final da liga estamos séptimos e ascendendo na clasificación, a ver canto nos dura!


Partidos
Fecha Local

Visitante Estado
18/04/2009 LAMELA 1 2 IMPRENTA AYUDE ARZUA Jugado
18/04/2009 SOGRANI - PORTOSIN 1 2 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE Jugado
18/04/2009 HOTEL PLAZA DE MAURA 1 0 CATERING CARLIN SAN PEDRO Jugado
18/04/2009 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 2 0 VETERANOS CD BERRES Jugado
18/04/2009 VETERANOS DEL COMPOSTELA 5 3 ROPERCORT G. V. TRAZO Jugado
18/04/2009 FINSA 1 0 HAMBURGUESERIA VERDE Jugado
18/04/2009 CIRE DE MELIDE 1 0 STRADIVARIUS BRION Jugado
18/04/2009 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 3 1 CARPINT. MARQUEZ VILELA Jugado

Como todos vós sabedes encomendámoslle a tarefa da busca dun porteiro a David Vidal, dada a boa sintonía que houbo entre o presi Vila e o gran David Vidal (quedaron na taberna) non quixemos deixar pasar a oportunidade de que nos dera algún que outro conselliño para os nosos xogadores:





Bueno amigos, esto é todo por hoxe, mañá máis. Atalogo e... Forza Bergantiños!!

lunes, 20 de abril de 2009

Bergantiños 2 - Berres 0

Hola socios, este sábado disputamos nas Eiroas un partido que pode marcar o noso futuro na liga. Conseguimos gañarlle ó Berres por dous goles de diferencia co que lle temos gañado tamén o gol-average.

Deixémonos de cábalas e vamos a ir ó partido. A cousa empezou moi mal pois o noso porteiro lesionouse mentras quentabamos, sofre unha rotura de clavícula e varios tendons e supoño que estará a ser operado nestes momentos (moita sorte e recuperate pronto).

O compañeiro Charly antes dun partido

Non sei se sería pola lesión do compañeiro ou qué nos pasou pero fixemos un primeiro tempo moi bo, tocando a bola, recuperando moi arriba o balón, presionando con cabeza e sen sustos na nosa área. Fruto deste bo xogo chegaron os dous goles de Carlos Landeira (vaia racha meu!!) que ben puideron ser algún máis. No segundo tempo cambiamos o chip e, aínda sen xogar mal, dedicámonos a controlar o partido e buscar xogadas moi directas polo que o espectáculo resentiuse bastante xa que o Berres tampouco era capaz de achegarse con perigo á nosa portería.

Terceira victoria consecutiva e con bastante bo xogo, esto non fai máis que mellorar e esperemos que siga así moito tempo. Polo menos chegamos á fase final da tempada con tranquilidade, bo xogo, e algunhas (poucas) opcións de ascenso.

Queremos aproveitar dende aquí para mandar un saúdo a Charly e desexarlle unha pronta recuperación, os partidos xa non serán o mesmo sen as súas palomitas e os seus berros. Como consecuencia desta lesión andamos á procura dun porteiro, tarefa que lle encomendamos a un dos grandes do fútbol galego: David Vidal.




CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION
Pos. Equipo Puntos
1 VETERANOS DEL COMPOSTELA 55
2 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 47
3 SOGRANI - PORTOSIN 45
4 CARPINT. MARQUEZ VILELA 41
5 HOTEL PLAZA DE MAURA 38
6 VETERANOS CD BERRES 36
7 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 33
8 IMPRENTA AYUDE ARZUA 31
9 FINSA 31
10 CIRE DE MELIDE 30
11 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 29
12 CATERING CARLIN SAN PEDRO 25
13 ROPERCORT G. V. TRAZO 24
14 HAMBURGUESERIA VERDE 23
15 LAMELA 22
16 STRADIVARIUS BRION 8

Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!

Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!

viernes, 17 de abril de 2009

Predición metereolóxica Sábado 18

Boas xente, acaba de remitirnos Meteogalicia a predición do tempo para maña.





Como podedes observar no mapa, haberá choiva de goles na zona de Carballo pero non poden precisar para que lado van a ir, así que haberá que andar con coidado, jejeje. Recomendan tamén evitar as tabernas na noite do venres e non andar de viños a mañá do sábado para evitar que nos caia encima un chaparrón.
Vémonos mañá ás 18:30 nas Eiroas, e a ver se gañamos.

Falando de todo un pouco, hai unha enquisa na parte superior dereita da páxina para poñernos de acordo no tema das enchentes , xa que a xente quéixase de que non variamos moito os menús. Votade e xa sabedes...

O que os Veteranos votan, vai a misa, jejeje.


Un saúdo e... Forza Bergantiños!!

miércoles, 15 de abril de 2009

A VOLTA DE MANOLO UN AUTÉNTICO CRACK

Coa volta de Manolo Trigo ao equipo fai unhas semanas volvemos a senda das victorias. Despois de uns meses de ausencia reapareciu en Buño fai unhas semanas e conseguimos vencer aos de Arzúa por 4-1. Este vídeo e de certo xeito unha homenaxe a súa volta aos terreos de xogo.  
Na parte final do vídeo engadimos a pequena trifulca que tiveron os contrarios co árbitro, e que dou lugar a certos momentos de tensión.....pero ao final a cousa calmouse e todo quedou en nada, como efectivamente debe de ser. 

Aquí tendes o vídeo:


martes, 14 de abril de 2009

lunes, 13 de abril de 2009

MOMENTOS.......

Como a cousa está algo parada hoxe deixovos este vídeo despois dunha derrota. Como se vé o Presi está que morde, inclusive está pensando seriamente en eliminar do equipo ao crack Huntelaar por no cumplir as expectativas postas nel. Afortundamente reconsiderou a súa decisión e non só non botou a estrela da dianteira bergantiñana, senón que parece que lle renovou contrato ata o 2025, e segundo din a malas linguas con unha sustancial millora do contrato. Así Presi...así.....

miércoles, 8 de abril de 2009

Noticia de alcance

Bueno xente, parece que a noticia da perda do móvil de Vila xa é un misterio que estan a investigar algúns dos mellores periodistas deste país. Para mostra déixovos a portada de "El Caso" desta semana...


Como podedes observar tamén lles parece un caso que nós ganemos dúas veces consecutivas e non sei se terán razón, jejeje. Seguiremos informando acerca deste suceso en canto teñamos máis noticias. Un saúdo afectuoso e... Forza Bergantiños!!

martes, 7 de abril de 2009

Nova clasificación: Obxectivo cumprido!!

Noraboa rapaces!! Xa somos séptimos na clasificación, os nosos predecesores pincharon e nós conseguimos gañar por segunda semana consecutiva. Déixovos a clasificación:

CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION
Pos.EquipoPuntos
1 VETERANOS DEL COMPOSTELA 52
2 SOGRANI - PORTOSIN 45
3 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 44
4 CARPINT. MARQUEZ VILELA 41
5 VETERANOS CD BERRES 36
6 HOTEL PLAZA DE MAURA 35
7 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 30
8 IMPRENTA AYUDE ARZUA 28
9 FINSA 28
10 CIRE DE MELIDE 27
11 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 26
12 CATERING CARLIN SAN PEDRO 25
13 ROPERCORT G. V. TRAZO 24
14 HAMBURGUESERIA VERDE 23
15 LAMELA 22
16 STRADIVARIUS BRION 8

Agora hai que asentarse na zona tranquila da clasificación e marcarse obxectivos partido a partido e... todo pode ser posible. Forza Bergantiños!!

domingo, 5 de abril de 2009

UNHAS FOTIÑOS DA COCHINILLADA

Estabache ben bó o cochinillo e.......o resto tamén.......pero foi un velada demasiado larga jajajajajajaja..demasiado........larga..........

FOTOS DO COCHINILLO

TRAZO 2 - BERGANTIÑOS 3

Boas seguidores/as. O sábado pasado conseguimos prorrogar a nosa racha victoriosa en Chaian ante o Trazo. Non empezaba ben o partido para nós posto que no minuto 5 íamos perdendo 1 a 0 e todos lembramos partidos semellanten coma en Brión ou contra o Hamburguesería Verde. Pero ahora parece que nos sae todo ben e conseguimos empatar, e remontar en dez minutos mediante dous goles obra de Carlos Landeira, que aínda puido ampliar a súa conta con outro par de chicharros.
Co resultado de 1 a 2 chegouse á segunda parte, na que nos vimos algo máis apurados pero soubemos manter o control do partido para marcar o 1 a 3 por medio de Diego, aínda que pouco nos durou pois eles facían o 2 a 3 case de seguido ó transformar un penalti.

Esta semana descansamos na liga, pero estamos a ver se argallamos un amistoso para viernes ou sábado. Seguiremos informando...

Aquí están as fotos da victoria en Chaian contra o Trazo. Que as disfrutedes.....xa sabedes o que tendes que facer para velas. Saúdos e ... Forza Bergantiños!!


PARTIDO CONTRA O TRAZO 2-3

sábado, 4 de abril de 2009

BRION 2 - BERGANTIÑOS 2. GOL DE MILITO

Aquí vos deixo outro gol de Milito. Moita atención ós comentarios de Vila.
Atalogo xente e Forza Bergantiños.

BERGANTIÑOS 1 - HAMB. VERDE 3

Neste vídeo pódese ver o gol que Milito lle marcou a Hamburguesería Verde, e o empate de eles. Resultado final 1-3.



viernes, 3 de abril de 2009

O DIA DOS PAXARIÑOS

Despois de moitos intentos creo que conseguín subir o vídeo da cea dos paxariños, bueno parte del porque sabedes que este invento no foi feito para pasar películas enteiras...Xa vos irei subindo partes....de todos os xeitos estou preparando un DVD recopilatorio con fotos e vídeo.......a nova productora do equipo ENCHEROLAS PRODUCTIONS xa está en marcha.



¿gústavos a música de fondo?. Pois é da Big-Band do Conservatorio de Carballo, iso sí algo reforzada.....

O HIMNO

Pepito Grillo mandou un correo con este vídeo no que por primeira vez se escoita neste blog o HIMNO DOS VETERANOS DE BERGANTIÑOS. Gracias a Pepito Grillo por este documento inédito para mín. Estamos preparando outros vídeos...así que disfrutade deles: 

 

miércoles, 1 de abril de 2009

Próximo Partido: Trazo - Bergantiños

Ropecort G.V. Trazo
VS
Cafetería Manaus Bergantiños

Sábado 4 ás 6 en Chaián

A ver se somos puntuais e ... Forza Bergantiños!!


Se pinchades encima do nome do campo tedes un mapa de cómo chegar, non vos queixedes que volo damos todo masticado, jejeje. Saúdos.