Deixémonos de cábalas e vamos a ir ó partido. A cousa empezou moi mal pois o noso porteiro lesionouse mentras quentabamos, sofre unha rotura de clavícula e varios tendons e supoño que estará a ser operado nestes momentos (moita sorte e recuperate pronto).
Non sei se sería pola lesión do compañeiro ou qué nos pasou pero fixemos un primeiro tempo moi bo, tocando a bola, recuperando moi arriba o balón, presionando con cabeza e sen sustos na nosa área. Fruto deste bo xogo chegaron os dous goles de Carlos Landeira (vaia racha meu!!) que ben puideron ser algún máis. No segundo tempo cambiamos o chip e, aínda sen xogar mal, dedicámonos a controlar o partido e buscar xogadas moi directas polo que o espectáculo resentiuse bastante xa que o Berres tampouco era capaz de achegarse con perigo á nosa portería.
Terceira victoria consecutiva e con bastante bo xogo, esto non fai máis que mellorar e esperemos que siga así moito tempo. Polo menos chegamos á fase final da tempada con tranquilidade, bo xogo, e algunhas (poucas) opcións de ascenso.
Queremos aproveitar dende aquí para mandar un saúdo a Charly e desexarlle unha pronta recuperación, os partidos xa non serán o mesmo sen as súas palomitas e os seus berros. Como consecuencia desta lesión andamos á procura dun porteiro, tarefa que lle encomendamos a un dos grandes do fútbol galego: David Vidal.
Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!
Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!
CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Pos. | Equipo | Puntos | ||||
1 | VETERANOS DEL COMPOSTELA | 55 | ||||
2 | CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 47 | ||||
3 | SOGRANI - PORTOSIN | 45 | ||||
4 | CARPINT. MARQUEZ VILELA | 41 | ||||
5 | HOTEL PLAZA DE MAURA | 38 | ||||
6 | VETERANOS CD BERRES | 36 | ||||
7 | CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | 33 | ||||
8 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | 31 | ||||
9 | FINSA | 31 | ||||
10 | CIRE DE MELIDE | 30 | ||||
11 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | 29 | ||||
12 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | 25 | ||||
13 | ROPERCORT G. V. TRAZO | 24 | ||||
14 | HAMBURGUESERIA VERDE | 23 | ||||
15 | LAMELA | 22 | ||||
16 | STRADIVARIUS BRION | 8 |
Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!
Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!
9 comentarios:
Da gusto ganar así, xogando ben e sen rencillas entre nós, ¿verdá Vila? (dille a Fariña que era coña, jajaja).
Sólo me queda felicitar a todos os que xogamos o sábado e que Charly se recupere o antes posible.
Vai por Dios, non damos gañado para sustos, dexésolle unha pronta recuperación. ¡Unha forte apreta Chali!! E non te preocupes que no próximo partido xa haberá reportaxe gráfico. Ah! e así me gusta que aínda que vos deixe solos gañedes, noraboa.
Jajajajajajajajajaja, o David Vidal tennos collida a medida. Preparación física paupérrima, jajajaja......
Amigo Charly.os compañeiros do Bergan estamos contigo mais que nunca.Neste equipo,tan marcado coa túa presenza,queremos facerche un acto de recoñecemento e solidariedade ante esta desgraza que supón a túa lesión.Esperamos que te recuperes canto antes para poder volver a disfrutar das túas paradas e da túa entrega ás cores do noso querido Bergantiños de Veteranos.Esperamos con impaciencia a túa recuperación para celebrarmos xuntos ese futuro de esperanza que está a medrar vizosamente cada xornada.Ánimo,Charli.
Joder Manolo como se nota a escola de pago eh?..jejejejejejejje. Moi emotivo esta loa que escribiches....¡ÁNIMO CHARLI!!!¡¡¡¡FORZA CHARLI!!!!
que carallo escribiu o maestro ó final.ou oh
falei co charli pola tarde .vai mañan ó hospital.encontrase ben
xa vos informarei
Querido amigo CHARLI, todo o grupo queremos desexarte uha pronta recuperacion. animo ti eres un home forte muy forte.
AUPA CHARLI.
Hola
Solo espero que Charli se encontre ben e que teña unha rápida recuperación. Polo demais felicidades por outro bo resultado e a seguir así.
Por certo Manolo, moi bo ese galego normativo do bloque que usas no teu correo, eso non é de escola de pago, senón máis ben de ideoloxía...., jejeje
ÁNIMO CHARLI.
Amigos, falei con CHARLI o medio dia ,esta ben non ten dolor e operano o xoves.
En canto,o profe que ben escribe,carajolasssssssssss.
ANIMO AMIGO CHARLI.
Publicar un comentario