lunes, 20 de abril de 2009

Bergantiños 2 - Berres 0

Hola socios, este sábado disputamos nas Eiroas un partido que pode marcar o noso futuro na liga. Conseguimos gañarlle ó Berres por dous goles de diferencia co que lle temos gañado tamén o gol-average.

Deixémonos de cábalas e vamos a ir ó partido. A cousa empezou moi mal pois o noso porteiro lesionouse mentras quentabamos, sofre unha rotura de clavícula e varios tendons e supoño que estará a ser operado nestes momentos (moita sorte e recuperate pronto).

O compañeiro Charly antes dun partido

Non sei se sería pola lesión do compañeiro ou qué nos pasou pero fixemos un primeiro tempo moi bo, tocando a bola, recuperando moi arriba o balón, presionando con cabeza e sen sustos na nosa área. Fruto deste bo xogo chegaron os dous goles de Carlos Landeira (vaia racha meu!!) que ben puideron ser algún máis. No segundo tempo cambiamos o chip e, aínda sen xogar mal, dedicámonos a controlar o partido e buscar xogadas moi directas polo que o espectáculo resentiuse bastante xa que o Berres tampouco era capaz de achegarse con perigo á nosa portería.

Terceira victoria consecutiva e con bastante bo xogo, esto non fai máis que mellorar e esperemos que siga así moito tempo. Polo menos chegamos á fase final da tempada con tranquilidade, bo xogo, e algunhas (poucas) opcións de ascenso.

Queremos aproveitar dende aquí para mandar un saúdo a Charly e desexarlle unha pronta recuperación, os partidos xa non serán o mesmo sen as súas palomitas e os seus berros. Como consecuencia desta lesión andamos á procura dun porteiro, tarefa que lle encomendamos a un dos grandes do fútbol galego: David Vidal.




CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION
Pos. Equipo Puntos
1 VETERANOS DEL COMPOSTELA 55
2 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 47
3 SOGRANI - PORTOSIN 45
4 CARPINT. MARQUEZ VILELA 41
5 HOTEL PLAZA DE MAURA 38
6 VETERANOS CD BERRES 36
7 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 33
8 IMPRENTA AYUDE ARZUA 31
9 FINSA 31
10 CIRE DE MELIDE 30
11 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 29
12 CATERING CARLIN SAN PEDRO 25
13 ROPERCORT G. V. TRAZO 24
14 HAMBURGUESERIA VERDE 23
15 LAMELA 22
16 STRADIVARIUS BRION 8

Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!

Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!

9 comentarios:

Huntelaar dijo...

Da gusto ganar así, xogando ben e sen rencillas entre nós, ¿verdá Vila? (dille a Fariña que era coña, jajaja).

Sólo me queda felicitar a todos os que xogamos o sábado e que Charly se recupere o antes posible.

O RETRATISTA dijo...

Vai por Dios, non damos gañado para sustos, dexésolle unha pronta recuperación. ¡Unha forte apreta Chali!! E non te preocupes que no próximo partido xa haberá reportaxe gráfico. Ah! e así me gusta que aínda que vos deixe solos gañedes, noraboa.

Huntelaar dijo...

Jajajajajajajajajaja, o David Vidal tennos collida a medida. Preparación física paupérrima, jajajaja......

Manolo Trigo dijo...

Amigo Charly.os compañeiros do Bergan estamos contigo mais que nunca.Neste equipo,tan marcado coa túa presenza,queremos facerche un acto de recoñecemento e solidariedade ante esta desgraza que supón a túa lesión.Esperamos que te recuperes canto antes para poder volver a disfrutar das túas paradas e da túa entrega ás cores do noso querido Bergantiños de Veteranos.Esperamos con impaciencia a túa recuperación para celebrarmos xuntos ese futuro de esperanza que está a medrar vizosamente cada xornada.Ánimo,Charli.

O RETRATISTA dijo...

Joder Manolo como se nota a escola de pago eh?..jejejejejejejje. Moi emotivo esta loa que escribiches....¡ÁNIMO CHARLI!!!¡¡¡¡FORZA CHARLI!!!!

o vila dijo...

que carallo escribiu o maestro ó final.ou oh
falei co charli pola tarde .vai mañan ó hospital.encontrase ben
xa vos informarei

SUSOXXL dijo...

Querido amigo CHARLI, todo o grupo queremos desexarte uha pronta recuperacion. animo ti eres un home forte muy forte.
AUPA CHARLI.

Unknown dijo...

Hola

Solo espero que Charli se encontre ben e que teña unha rápida recuperación. Polo demais felicidades por outro bo resultado e a seguir así.
Por certo Manolo, moi bo ese galego normativo do bloque que usas no teu correo, eso non é de escola de pago, senón máis ben de ideoloxía...., jejeje

ÁNIMO CHARLI.

SUSOXXL dijo...

Amigos, falei con CHARLI o medio dia ,esta ben non ten dolor e operano o xoves.
En canto,o profe que ben escribe,carajolasssssssssss.

ANIMO AMIGO CHARLI.