martes, 18 de mayo de 2010

BERMES 2 - BERGANTIÑOS 4

Boas tardes a tod@s, esta semana tocounos un desplazamento ata Bermes (Lalin), bastante complicado. Foi complicado pola longa viaxe, o estado do campo e a dureza coa que nos recibiron os xogadores rivais.

Comezamos o partido con dez xogadores debido o retraso de varios integrantes da caravana oficial que se perderon polas corredoiras lalinenses. Fomos aguantando o tiron inicial coma puidemos ata que chegaron os compañeiros e xa nos dispuxemos a plantexarlle batalla o Bermes. Foi enton cando se adiantaron os locais mediante un remate de cabeza a saida dun corner, no obstante, o gol foi un acicate mais para plantexarlle un pequeno asedio a porteria visitante que se materializou preto do descanso cando Carlos Landeira rematou co peito (si, co peito) un despexe do porteiro local a tiro de Roberto Sande. 1 a 1 e descanso.

Na segunda parte baixou o nivel de xogo de ambos equipos e so xogabamos o pelotazo, asi chegou o noso segundo gol anotado en propia meta por un defensa do Bermes despois dunha xogada de Carlos Landeira. O 1 a 3 conseguiuno Bernardo dende un lateral da area e despois viria o 2 a 3 mediante unha falta na frontal da area que se colou pola escuadra de Oscar. Non tivemos moito tempo a poñernos nerviosos xa que pouco despois do segundo gol local Carlos Landeira poñia o 2 a 4 definitivo no marcador nunha contra rapidisima.

Outra victoria mais no noso casilleiro e conseguimos recortar 2 puntos co 4º clasificado, polo que agora estamos a 4 puntos do ascenso e con 4 partidos por disputar.

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN

Equipo Puntos Jugados
1 REDESYL ABANQUEIRO 54 26
2 CIRE DE MELIDE 51 26
3 VETERANOS ORDENES 50 26
4 VIÑOTECA RAQUEL 49 26
5 SIONLLA TRANS. ARINES 48 26
6 LOUSAME VET. 45 26
7 BERGANTIÑOS 42 25
8 T.F.N. VILLESTRO 39 26
9 A RAS DE RAS 39 26
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 33 26
11 C.D. BERRES 27 26
12 PEÑA UNIVERSO 26 26
13 CACHEIRAS VET 22 26
14 SYMATEC BERMES 21 25
15 MERKAMUEBLE ISORNA 16 26
16 KARACHI-CAFETERIA 12 26

Xornada 26
Local

Visitante
A RAS DE RAS 1 1 T.F.N. VILLESTRO
KARACHI-CAFETERIA 0 2 CACHEIRAS VET
C.D. BERRES 0 4 VIÑOTECA RAQUEL
CIRE DE MELIDE 3 0 SIONLLA TRANS. ARINES
REDESYL ABANQUEIRO 3 1 MERKAMUEBLE ISORNA
VETERANOS ORDENES 1 2 LOUSAME VET.
SYMATEC BERMES - - BERGANTIÑOS
PEÑA UNIVERSO 3 0 IMPRENTA AYUDE ARZUA

Non sei por que non reflexan na clasificacion o resultado do noso partido do sabado pero non me extrañaria que fose porque o arbitro ainda non lles mandou as actas. !!Que gana de arbitrar tiña aquel home!! (lease en modo ironico). En fin, xa nos enteraremos e informaremos. Ata a proxima.

Actualizo con unha reportaxe fotografica recien chegada a nosa redaccion.
Bermes - Bergan 16-05-2010

martes, 11 de mayo de 2010

BERGANTIÑOS 4 - PEÑA UNIVERSO 1

Cronica remitida por Suso XXL:

Partido sen moita historia, o Bergantiños tiña a obligacion de ganar para seguir cas aspiracions intactas para ascender e pola contra a Peña Universo a facer algun punto que os alonxara dos postos de descenso.

Comenzou o partido con moito nerviosismo por parte da Peña Universo e a consecuencia diso realizaron unha cesion o porteiro visitante na que Carlos Landeira rouba o balon e marca o 1-0, era o minuto tres da primeira parte. Neses intres o Bergantiños era o dominador do partido tendo varias ocasions pero tivo que esperar o minuto vinte para que Carlos Landeira acadara o 2-0 cun gran remate de chilena ante o que nada puido facer o porteiro visitante.

Reanudouse o partido con varias oportunidades para os visitantes pero no minuto 18 da segunda metade xogada de Bernardo pola parte esquerda pase atras e Rober marca o 3-0. Tras ese mazazo a Peña Universo baixou a guardia e o Bergan comezou a ter moitos espacios, asi no minuto 40 carreira galopante de Milito pola parte dereita caneando a varios contrarios e marca o 4-0. Xa nos minutos de desconto os visitantes marcan o gol da honra quedando o resultado definitivo de Bergantiños 4 - Peña Universo 1.

Partido sen moitos apuros para o Bergan e a seguir polo bo camiño para acadar o do ascenso.

Nota do transcriptor: Susiño, o ascenso creo que anda bastante fastidiado porque estamos a 6 puntiños do 4º e so quedan por xogar 15. Sei que non e imposible, pero vexoo moi, moi dificil. Sigamos pelexando e... a ver se soa a gaita!!


CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN

Equipo Puntos
1 REDESYL ABANQUEIRO 51
2 VETERANOS ORDENES 50
3 CIRE DE MELIDE 48
4 SIONLLA TRANS. ARINES 48
5 VIÑOTECA RAQUEL 46
6 BERGANTIÑOS 42
7 LOUSAME VET. 42
8 T.F.N. VILLESTRO 38
9 A RAS DE RAS 38
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 33
11 C.D. BERRES 27
12 PEÑA UNIVERSO 23
13 SYMATEC BERMES 21
14 CACHEIRAS VET 19
15 MERKAMUEBLE ISORNA 16
16 KARACHI-CAFETERIA 12

Xornada 25
Local

Visitante
A RAS DE RAS 2 2 KARACHI-CAFETERIA
CACHEIRAS VET 4 1 C.D. BERRES
VIÑOTECA RAQUEL 1 1 CIRE DE MELIDE
SIONLLA TRANS. ARINES 2 1 REDESYL ABANQUEIRO
MERKAMUEBLE ISORNA 2 2 VETERANOS ORDENES
LOUSAME VET. 2 0 SYMATEC BERMES
BERGANTIÑOS 4 1 PEÑA UNIVERSO
IMPRENTA AYUDE ARZUA 3 3 T.F.N. VILLESTRO