martes, 27 de abril de 2010

ARZUA 0 - BERGANTIÑOS 3

A continuacion reproduzo unha cronica anonima recien chegada a redaccion deste blog:

Partidazo en Arzua. Comenzou o partido atacando o Arzua tendo algunha ocasion que desbarataron os defensas do Bergantiños, os primeiros cuarenta cinco minutos o resultado foi de 0-0. Reanudouse a segunda parte apretando e tendo unha gran ocasion do Arzua a que respondeu Oscar con unha gran parada. Logo da ocasion do equipo local xogada pola banda esquerda na que Roberto Sande puxo o 0-1 no marcador.
Seguimos atacando e no minuto 25, despois duha gran xogada persoal de Carlos acadou o o-2, o Arzua segueu presionando o Bergantiños saia peligrosamente en contraataques; a consecuencia dun deses contraataques falta o borde da area na parte dereita que sacou maxistramente Roberto Sande e cabezazo de Carlos Landeira e o marcador pasa o 0--3 definitivo. Gran partido do Bergantiños que asi sigue a estela dos primeiros clasificados e con opcions para ascender.

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN

Equipo Puntos
1 REDESYL ABANQUEIRO 51
2 VETERANOS ORDENES 49
3 VIÑOTECA RAQUEL 45
4 CIRE DE MELIDE 44
5 SIONLLA TRANS. ARINES 44
6 BERGANTIÑOS 39
7 LOUSAME VET. 39
8 T.F.N. VILLESTRO 37
9 A RAS DE RAS 36
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 32
11 C.D. BERRES 24
12 PEÑA UNIVERSO 23
13 SYMATEC BERMES 21
14 CACHEIRAS VET 16
15 MERKAMUEBLE ISORNA 15
16 KARACHI-CAFETERIA 11


Xornada 24
Local Visitante
T.F.N. VILLESTRO 4 0 KARACHI-CAFETERIA
C.D. BERRES 1 2 A RAS DE RAS
CIRE DE MELIDE 4 0 CACHEIRAS VET
REDESYL ABANQUEIRO 2 1 VIÑOTECA RAQUEL
SIONLLA TRANS. ARINES 1 0 VETERANOS ORDENES
SYMATEC BERMES 2 2 MERKAMUEBLE ISORNA
PEÑA UNIVERSO 1 3 LOUSAME VET.
IMPRENTA AYUDE ARZUA 0 3 BERGANTIÑOS

O proximo sabado 1 de maio non habera partido por ser festivo, disfrutade do dia do traballo e ata a proxima.

viernes, 23 de abril de 2010

martes, 20 de abril de 2010

VILLESTRO 3 - BERGANTIÑOS 3

Por fin tocounos un partido fora da casa despois de dous meses de xogar nas Eiroas, e tal cambio notouse pero para mal. Xa empezamos acudindo so doce xogadores (e sen porteiro) a Villestro e despois de xogar nun campo de area acabamos todos coas pernas moidas (acostumamonos apresa ao cespede artificial, non asi a area).

A primeira parte do partido foi totalmente nosa, tanto en xogo coma en ocasions. Marcamos o primeiro gol despois dunha gran xogada de Carlos Landeira que lle deixa o balon a Bernardo para que o empuxe a gol sen oposicion. O segundo gol foi obra de Diego ao transformar un penalti cometido sobre Carlos Landeira. Poñiamonos cero a dous e o partido moi de cara para nos, pero case o borde do descanso os locais recortaron distancia despois de roubar un balon en defensa e bater a Cheli, que oficiou de porteiro circunstancial.

Comezou o segundo tempo coma o primeiro, estabamos moi ben situados defensivamente e lanzando contras que levaban moitisimo perigo para a porteria local. Fruto dun cormer maxistralmente sacado por Cotelo chegaria o segundo penalti da tarde para nos que volveria a tranformar Diego. O penalti foi cometido sobre Vila cando se dispoñia a rematar de cabeza dentro da area pequena. Despois de poñernos un a tres chegou a debacle, as pernas deixaron de acompañar e cada vez recuabamos un pouquiño mais ata quedar literalmente encerrados na nosa area. As ocasion locais sucedianse e despois de duas xogadas a balon parado, e varios rechaces, chegaron os seus dous goles para deixar o resultado final en empate a tres.

Mal sabor de boca o que trouxemos, xa que de ter un par de cambios mais seguramente traeriamos a victoria para a casiña, pero non puido ser.


Equipo Puntos
1 VETERANOS ORDENES 49
2 REDESYL ABANQUEIRO 48
3 VIÑOTECA RAQUEL 45
4 CIRE DE MELIDE 41
5 SIONLLA TRANS. ARINES 41
6 BERGANTIÑOS 36
7 LOUSAME VET. 36
8 T.F.N. VILLESTRO 34
9 A RAS DE RAS 33
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 32
11 C.D. BERRES 24
12 PEÑA UNIVERSO 23
13 SYMATEC BERMES 20
14 CACHEIRAS VET 16
15 MERKAMUEBLE ISORNA 14
16 KARACHI-CAFETERIA 11

Xornada 23
Local Visitante
KARACHI-CAFETERIA 0 3 C.D. BERRES
A RAS DE RAS 0 1 CIRE DE MELIDE
REDESYL ABANQUEIRO 4 1 CACHEIRAS VET
VIÑOTECA RAQUEL 0 1 VETERANOS ORDENES
SIONLLA TRANS. ARINES 1 1 SYMATEC BERMES
MERKAMUEBLE ISORNA 1 3 PEÑA UNIVERSO
LOUSAME VET. 3 1 IMPRENTA AYUDE ARZUA
T.F.N. VILLESTRO 3 3 BERGANTIÑOS

miércoles, 14 de abril de 2010

Asamblea de compromisarios

Boas xente, recentemente celebramos a asamblea de compromisarios na sala de trofeos do local social, para tratar varios aspectos do equipo para a proxima tempada. Tratamos temas de diversa indole que van dende a renovacion do contrato de explotacion dos dereitos audiovisuais por parte de SindoTV ata cuestions baladis coma se nos gustan mais os cubalibres en vaso ancho ou de tubo (ao final do debate incorporouse a opcion "copa de balon").

Como non chegamos a ningun acordo imos a seguir reunindonos regularmente para ir cerrando acordos puntuais sobre cada tema.

Seguiremos informando e, para que quede constancia, publicamos unha foto na mesa de negociacion.

martes, 13 de abril de 2010

BERGANTIÑOS 2 - LOUSAME 1

Este sabado xogamos nas Eiroas un partido moi serio contra un rival directo para o ascenso.
O partido empezou con ritmo e ataques constantes por parte dos dous equipos pero seria o Lousame quen se adiantaria a finais do primeiro tempo cun bonito gol. No segundo tempo dominamos un pouco mais o partido e as ocasions sucederonse para a nosa dianteira, ata que Carlos Landeira conseguiu anotar o empate nun bonito remate de cabeza. A partir de aqui o xogo volveuse un pouco duro ata que Milito (sempre Milito) rematou con moito acerto unha contra levada pola banda dereita.

Coa victoria do sabado adiantamos dous postos e situamonos no 6º posto da clasificacion.


CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN

Equipo Puntos
1 VETERANOS ORDENES 46
2 REDESYL ABANQUEIRO 45
3 VIÑOTECA RAQUEL 45
4 SIONLLA TRANS. ARINES 40
5 CIRE DE MELIDE 38
6 BERGANTIÑOS 35
7 T.F.N. VILLESTRO 33
8 A RAS DE RAS 33
9 LOUSAME VET. 33
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 32
11 C.D. BERRES 21
12 PEÑA UNIVERSO 20
13 SYMATEC BERMES 19
14 CACHEIRAS VET 16
15 MERKAMUEBLE ISORNA 14
16 KARACHI-CAFETERIA 11

Resultados Xornada 22
Local

Visitante
C.D. BERRES 1 2 T.F.N. VILLESTRO
CIRE DE MELIDE - - KARACHI-CAFETERIA
REDESYL ABANQUEIRO 3 2 A RAS DE RAS
VETERANOS ORDENES 4 2 CACHEIRAS VET
SYMATEC BERMES 2 2 VIÑOTECA RAQUEL
PEÑA UNIVERSO 1 4 SIONLLA TRANS. ARINES
IMPRENTA AYUDE ARZUA 7 2 MERKAMUEBLE ISORNA
BERGANTIÑOS 2 1 LOUSAME VET.

viernes, 9 de abril de 2010

Unha pequena homenaxe para un gran compañeiro: Parabens Manolo!!

Boas a tod@s, non podiamos deixar pasar a oportunidade de facer unha pequena homenaxe a un gran compañeiro que esta semana estivo de aniversario para celebrar as 60 (ahi e nada) primaveras.
A mellor forma de homenaxealo que atopamos foi facerlle unha pequena montaxe audiovisual dos bos momentos que nos fai pasar, esperamos que a disfrutes Manolo, coma disfrutamos nos cada vez que nos xuntamos contigo: Parabens amigo.




Como na cancion so di que "veinte años no es nada" faltan corenta para chegar aos teus asi que che deixamos de regalo duas versions de outros dous xenios...

ANDRES CALAMARO



PLACIDO DOMINGO


Agora xa son sesenta.
Que os disfrutes moito e agardamos verte calzando os borceghis outros sesenta, polo menos...