martes, 18 de mayo de 2010

BERMES 2 - BERGANTIÑOS 4

Boas tardes a tod@s, esta semana tocounos un desplazamento ata Bermes (Lalin), bastante complicado. Foi complicado pola longa viaxe, o estado do campo e a dureza coa que nos recibiron os xogadores rivais.

Comezamos o partido con dez xogadores debido o retraso de varios integrantes da caravana oficial que se perderon polas corredoiras lalinenses. Fomos aguantando o tiron inicial coma puidemos ata que chegaron os compañeiros e xa nos dispuxemos a plantexarlle batalla o Bermes. Foi enton cando se adiantaron os locais mediante un remate de cabeza a saida dun corner, no obstante, o gol foi un acicate mais para plantexarlle un pequeno asedio a porteria visitante que se materializou preto do descanso cando Carlos Landeira rematou co peito (si, co peito) un despexe do porteiro local a tiro de Roberto Sande. 1 a 1 e descanso.

Na segunda parte baixou o nivel de xogo de ambos equipos e so xogabamos o pelotazo, asi chegou o noso segundo gol anotado en propia meta por un defensa do Bermes despois dunha xogada de Carlos Landeira. O 1 a 3 conseguiuno Bernardo dende un lateral da area e despois viria o 2 a 3 mediante unha falta na frontal da area que se colou pola escuadra de Oscar. Non tivemos moito tempo a poñernos nerviosos xa que pouco despois do segundo gol local Carlos Landeira poñia o 2 a 4 definitivo no marcador nunha contra rapidisima.

Outra victoria mais no noso casilleiro e conseguimos recortar 2 puntos co 4º clasificado, polo que agora estamos a 4 puntos do ascenso e con 4 partidos por disputar.

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN

Equipo Puntos Jugados
1 REDESYL ABANQUEIRO 54 26
2 CIRE DE MELIDE 51 26
3 VETERANOS ORDENES 50 26
4 VIÑOTECA RAQUEL 49 26
5 SIONLLA TRANS. ARINES 48 26
6 LOUSAME VET. 45 26
7 BERGANTIÑOS 42 25
8 T.F.N. VILLESTRO 39 26
9 A RAS DE RAS 39 26
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 33 26
11 C.D. BERRES 27 26
12 PEÑA UNIVERSO 26 26
13 CACHEIRAS VET 22 26
14 SYMATEC BERMES 21 25
15 MERKAMUEBLE ISORNA 16 26
16 KARACHI-CAFETERIA 12 26

Xornada 26
Local

Visitante
A RAS DE RAS 1 1 T.F.N. VILLESTRO
KARACHI-CAFETERIA 0 2 CACHEIRAS VET
C.D. BERRES 0 4 VIÑOTECA RAQUEL
CIRE DE MELIDE 3 0 SIONLLA TRANS. ARINES
REDESYL ABANQUEIRO 3 1 MERKAMUEBLE ISORNA
VETERANOS ORDENES 1 2 LOUSAME VET.
SYMATEC BERMES - - BERGANTIÑOS
PEÑA UNIVERSO 3 0 IMPRENTA AYUDE ARZUA

Non sei por que non reflexan na clasificacion o resultado do noso partido do sabado pero non me extrañaria que fose porque o arbitro ainda non lles mandou as actas. !!Que gana de arbitrar tiña aquel home!! (lease en modo ironico). En fin, xa nos enteraremos e informaremos. Ata a proxima.

Actualizo con unha reportaxe fotografica recien chegada a nosa redaccion.
Bermes - Bergan 16-05-2010

5 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Se poñen "pegas"co resultado,teño eu a copia orixinal da acta...Xa a levo o vindeiro sábado a Ordes.Por certo,que tal vos vai aos do "madrí"?Cen millonciños de Florentino e deixamos marchar a Xavi;a Pulga xa dixo que non quería ir...,pero os cataláns son así,onde haxa "pela"...

Anónimo dijo...

ti o teu royo non pares de poñer ton terias

SUSOXXL dijo...

A cabo de chamarlle a santiago e non puxeron o resultado por que o arbitro non lles chamou.
Noraboa a todos polo triunfo do sabado.
En canto o partido temos que salir mais cedo para non ter apuros, non podemos a estas alturas da liga arriesgar os partidos por chegar tarde.
Estamos cumplindo moi ben o sabado vamos a Ordes a polos tres puntos.

SAUDOS E VEMONOS O SABADO

Huntelaar dijo...

Vila, deixa de escribir coma anonimo que se che nota moito, jajaja.
O do arbitro xa o cheiraba eu, menudo elemento!
Este sabado temos que sair a por todas en Ordes porque estamos xogandonos o tan ansiado ascenso.
Saudo e Forza Bergan!!

O que estaba ao carón de Huntelaar dijo...

HUNTELAAR,o anónimo confesou ser O Cheli...