Asi terminou a primeira parte 1-1, na que non se xogou nada ben.
Na segunda parte cambiou a cousa, xa se empezou a baixar o balón e froito dun millor xogo chegou o segundo gol. Unha apertura hacia a banda esquerda con centro de Cheli a área e eles marcan en propia meta. O 3-1 foi outro golazo de Julio en toda a escuadra. Uns minutos antes Paz, o árbitro expulsara a Moncho por doble amonestación. O equipo non se veu a baixo, posicionouse ben y conseguiu o terceiro gol. Cando pasaban cinco minutos do tempo reglamentado marcaron eles o segundo gol.
Victoria traballada, pero victoria suficiente para recoller o premio tan merecido polo traballo acadado durante todo o ano e conseguir o obxectivo que era ASCENDER A PRIMEIRA.
Noraboa a todos e cada un dos xogadores, ao adestrador e o presidente Viliña. Merecestelo, si señor.....
Agora ides ver unhas fotiños do partido e da celebración e cando poida vou subir un video, pero cando poida.
FELICIDADES CAMPIÓNS..
![]() |
| BERGAN 3 - TRAZO 2. ASCENSO A PRIMEIRA |
Por certo acabo de crear un correo electrónico para o club que é o seguinte: berganveteranos@gmail.com, e a clave para entrar xa vola direi, así poderedes entrar todos, e tamén poden os demáis equipos e inclusive a Asociación comunicarse con vos através de este correo.

