domingo, 15 de mayo de 2011

DE PRIMERA OE.....DE PRIMERA OE....DE PRIMERA OE..OE...OE.

O sábado pola tarde o Bergantiños gañoulle ao Trazo por 3-2 conseguindo o ascenso matemático a primeira división B. O partido comenzou mal porque os visitantes adiantaronse no marcador 0-1 nun despiste defensivo que deixou só diante de ChaRli a un dianteiro deles. Cara o minuto 35 Julio colliu un balón no centro do campo de despois de varias combinacións plantouse na área e estableciu o empate, con unha vaselina por enriba do porteiro contrario.
Asi terminou a primeira parte 1-1, na que non se xogou nada ben.
Na segunda parte cambiou a cousa, xa se empezou a baixar o balón e froito dun millor xogo chegou o segundo gol. Unha apertura hacia a banda esquerda con centro de Cheli a área e eles marcan en propia meta. O 3-1 foi outro golazo de Julio en toda a escuadra. Uns minutos antes Paz, o árbitro expulsara a Moncho por doble amonestación. O equipo non se veu a baixo, posicionouse ben y conseguiu o terceiro gol. Cando pasaban cinco minutos do tempo reglamentado marcaron eles o segundo gol.
Victoria traballada, pero victoria suficiente para recoller o premio tan merecido polo traballo acadado durante todo o ano e conseguir o obxectivo que era ASCENDER A PRIMEIRA.
Noraboa a todos e cada un dos xogadores, ao adestrador e o presidente Viliña. Merecestelo, si señor.....
Agora ides ver unhas fotiños do partido e da celebración e cando poida vou subir un video, pero cando poida.
FELICIDADES CAMPIÓNS..
BERGAN 3 - TRAZO 2. ASCENSO A PRIMEIRA
Por certo acabo de crear un correo electrónico  para o club que é  o seguinte: berganveteranos@gmail.com, e a clave para entrar xa vola direi, así poderedes entrar todos, e tamén poden os demáis equipos e inclusive a Asociación comunicarse con vos através de este correo.

5 comentarios:

o presi dijo...

o sabado cea fin de temporada.confirmar asistencia.noraboa compañeiros tremenda temporada.27 puntos na primeira volta .27 por agora na segunda .impresionante ,que regularidade ,vindo de nos ;chamame a atencion.que nos quiten ,que nos quiten lo bailao.

susoxxl dijo...

Noraboa a todos polo merecido ascenso,este ano non senos podia escapar.
a primera oe a primera oe a primera oe oe oe oe oe ...............
bicos vemonos o sabado

Milito dijo...

Por fin volvemos ao noso sitio que e a primeira division porque este equipo e de primeira.Vemonos o sábado,non sei si estarei o partido...a cea non falto

un amigo dijo...

Por fin estades xa en primeira, alegrome moito. Noraboa

Desde Abanqueiro dijo...

Noraboa polo ascenso de categoría, e a pouco que reforcedes o equipo(fichade a un par de rapaces novos),estou seguro de que para o ano en 1ªB volveredes a facer unha boa campaña. Non hai moita diferencia entre a 1ªB e a 2ª, e proba delo é que este ano en primeira B voltamos a ascender os mesmos catro equipos que o fixemos o ano pasado en segunda: Viñoteca Raquel, Órdenes, Abanqueiro e Cire Melide. Un saúdo, sorte, e a ver si nos volvemos a atopar algún ano na competición(A poder ser que sexa porque subades vós e non porque baixemos nós).