"O 25 de abril, partido para esquecer en Airiños (Vedra). Caracterizámonos pola baixa actitude, de aí que caéramos 4 a 3. Houbo un intre no que estivemos 1 a 1, foi unha xogada protagonizada por un de Barcia e executada por outro de Vilar de Suso, claro, os dous de Sísamo, a parroquia de máis sarego de Carballo de Bergantiños, que, á fin, no fondo, sómosche un pobo boscoso e fluvial, antigo de brañas e xunqueiras debuxadas polo vento no lenzo da historia. Isto do final vai dedicado ao noso Sudafricano para que lle aflore a saudade e a morriña e lembre que eiquí tamén o botamos de menos.
Ben, agora só nos queda gañar algún partido máis, se non... Así que xa sabedes, a adestrar. Algúns imos ir este xoves ao campo do chorís para rematar en Oza de Bergantiños na de Tino de Bardanca e aproveitar para exercer, unha vez máis, de "exploradores" de tabernas, que é o noso."
Déixovos aquí abaixo o resultado de todos os partidos da xornada e xa tedes a clasificación actualizada no lateral da páxina (seguimos séptimos).
Un saudo e... Forza Bergantiños!!
Xornada: 24 - 25/04/2009 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Fecha | Local | Visitante | Estado | |||
25/04/2009 | CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 2 | 0 | LAMELA | Jugado | |
25/04/2009 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | 1 | 3 | SOGRANI - PORTOSIN | Jugado | |
25/04/2009 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | 1 | 0 | HOTEL PLAZA DE MAURA | Jugado | |
25/04/2009 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | 4 | 3 | CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | Jugado | |
25/04/2009 | VETERANOS CD BERRES | 2 | 3 | VETERANOS DEL COMPOSTELA | Jugado | |
25/04/2009 | ROPERCORT G. V. TRAZO | 3 | 1 | FINSA | Jugado | |
25/04/2009 | HAMBURGUESERIA VERDE | 1 | 1 | CIRE DE MELIDE | Jugado | |
25/04/2009 | STRADIVARIUS BRION | 1 | 3 | CARPINT. MARQUEZ VILELA | Jugado |
3 comentarios:
Vaia oh, así que faltou o cronista-redactor oficial e máis o retratista-paparazzi. Xa me parecía a mín que había nada de nada, menos mal que o Bardo de Barcia (BB, ¿a que soa ben?) fíxonos unha loa sobre os acontecementos ocorridos o sábado no partido, que con un moi bó criterio Huntelaar non dubidou en transcribir e poñela no post.
¡¡¡FORZA BERGAN!!! ¡¡¡FORZA AOS EXPLORADORES DE TABERNA!!!
Dende aquí quero agradecerlle ó Bardo de Barcia a súa inestimable colaboración para a confección deste post. Aproveito tamén para pedir a cesión ó clube dos dereitos de autor da súa próxima novela: "Os exploradores de tabernas". Un thriller erótico - festivo baseado nas múltiples aventuras vividas ó longo destes case vinte anos de andanzas futboleiras co Bergantiños de Veteranos. Só dicir que os fondos serían utilizados para facer a tan ansiada xira por Sudáfrica. Manolo, pénsao e xa me dirás algo.
Un saudo.
MECAJONACONA MAÑAN FESTA DO VIÑO PELEON NO CABANOTE AS SETE DA TARDE
A VER SE VINDES CARALLO
Publicar un comentario