domingo, 28 de febrero de 2010

REPORTAXE DO COCIDO NO CABANOTE 27-02-10

Aquí está a reportaxe gráfica do cocido de onte no Cabanote.
E este pode ser un vídeo histórico, atención ao himno...cantado con sentimento, isto é arte en estado puro......ARTE, así con letras maiúsculas....unha pasada ¿a que sí?. Atención ao sombreiro do noso Del Nido....jejejejejejeje. Creo que deberiamos pensar en facer uns cuantos "bolos" cantando polas festas.....jejejejejejejejejjejejej



viernes, 26 de febrero de 2010

SUPENDIDO O PARTIDO DE COPA DE MAÑÁN SÁBADO CONTRA O AMIO

O partido que estaba previsto xogar mañán contra o AMIO QUEDA SUSPENDIDO. ASÍ QUE TEMOS DÍA LIBRE.


NON VOS OLVIDEDES QUE TEMOS UN COCIDO NO "CABANOTE TAVERN", A PARTIRES DAS 22,00 HORAS, ASÍ QUE TODO MUNDO ALÍ TOMANDO OS VIÑOS AS 21,30.

lunes, 22 de febrero de 2010

PRIMEIRO PARTIDO INTERNACIONAL DO BERGANTIÑOS DE VETERANOS. ANO 1991. EN ESPINHO.

Posted by Picasa
En SEMANA SANTA do ano 1992 creo que entre os días 16 e 19 ou 20 de abril, tras as xestións realizadas polo noso benquerido MANOLO TRIGO, alias o Bardo de Varcia, fomos a xogar un torneo internacional a Espinho (Portugal). Chegamos ao país irmán con un autobús cargado: xogadores, mulleres, nenos. A viaxe comenzou como tiña que ser, paradiña en Arcade para probar as famosas ostras e unhas botelliñas de alvariño. Foron un días inolvidables. Estou seguro que alguén ten fotos de este evento, así que o que as teña que mas vaia pasando para escanealas ou se xas ten dixitalizadas que as mande por correo electrónico. Sería bonito velas aquí publicadas. Os anfitrións que se portaron de maravilla seguro que teñen algunha pero non e cousa de pedirllas...por si acaso...

POR CERTO ACABO DE CREAR UN CUENTA DE CORREO ELECTRÓNICO PARA O EQUIPO A QUE PODE DIRIXIRSE TODO O MUNDO E MOI SINXELA:

bergandossabados@gmail.com


jueves, 18 de febrero de 2010

PROXIMO PARTIDO: BERGANTIÑOS - CACHEIRAS


SABADO 20 DE FEBREIRO 18:30
CAMPO ANEXO DAS EIROAS

BERGANTIÑOS

VS

CACHEIRAS

O CACHEIRAS XOGA DE AZUL E LARANXA ASI QUE TRAEDE AS CAMISETAS NEGRAS POR SE ACASO

miércoles, 17 de febrero de 2010

A RAS DE RAS 2 - BERGANTIÑOS 2

Boas xente, este sabado disputouse no campo de Senra (Oroso) un partido crucial para as expectativas de futuro do noso equipo.

Presentamonos no campo con bastante tempo de antelacion e ¡¡antes de que chegaran os rivais!! (¿estaremonos volvendo serios?). O resultado final foi de empate a dous goles pero o normal seria unha victoria clara pola nosa parte xa que tivemos o partido controlado en todo momento e os rivais so crearon perigo a balon parado e algunha que outra xogada aillada. Segun a miña humilde opinion foi un dos partidos mais serios que fixemos no que vai de liga, pero acompañounos a mala fortuna.

Comezamos o partido coa idea de cerrar ben as liñas de pase do rival para recuperar o balon e sai o ataque cos dous estiletes que Cotelo situou nas Bandas, Milito e Bernardo. A xogada estaba saindo moi ben ata que Alberto intentou despexar un balon aereo, coa mala fortuna de que o introduciu na nosa porteria. Con ese resultado e guion predominantes chegouse o descanso, no que a consigna foi clara "seguide asi que estamos xogando ben".
E non seguimos igual senon que ainda melloramos un pouco e creamos moitas situacions de gol fruto dos roubos de balon no medio campo (gran partido de Vila) e a rapida saida o ataque, asi chegaria o empate obra de Bernardo o pouco de comezar o segundo tempo. Continuamos apretando pero outra vez a mala fortuna estivo con nos e o equipo local conseguiu adiantarse despois de empuxar a gol un balon aereo que se lle escapou a Oscar. O gol acabou co empate pero non co noso bo xogo; fruto do bo xogo e do dominio chegou o empate mediante unha vaselina axustada a escuadra esquerda da porteria visitante, arte futbolistica maxistralmente executada por un Cantelar que estivo moi activo en ataque durante os minutos dos que dispuxo. (Toma autobombo!!) Despois do gol o partido foi un correcalles no que houbo ocasions para os dous bandos e algun amago de tangana sen chegar o sangue o rio.

En definitiva, bo partido, resultado corto pero moi boas sensacions. Felicidades compañeiros porque xogando asi e moi dificil que perdamos.

Goleadores:



Resultados xornada 17
Local

Visitante
REDESYL ABANQUEIRO 4 3 VETERANOS ORDENES
CIRE DE MELIDE 3 2 SYMATEC BERMES
C.D. BERRES 3 3 PEÑA UNIVERSO
KARACHI-CAFETERIA 2 3 IMPRENTA AYUDE ARZUA
A RAS DE RAS 2 2 BERGANTIÑOS
CACHEIRAS VET 2 2 LOUSAME VET.
VIÑOTECA RAQUEL 4 0 MERKAMUEBLE ISORNA
T.F.N. VILLESTRO 2 1 SIONLLA TRANS. ARINES



CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 VIÑOTECA RAQUEL 41
2 CIRE DE MELIDE 31
3 REDESYL ABANQUEIRO 30
4 LOUSAME VET. 29
5 A RAS DE RAS 29
6 SIONLLA TRANS. ARINES 28
7 VETERANOS ORDENES 28
8 BERGANTIÑOS 27
9 T.F.N. VILLESTRO 23
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 23
11 C.D. BERRES 21
12 PEÑA UNIVERSO 19
13 MERKAMUEBLE ISORNA 11
14 SYMATEC BERMES 10
15 CACHEIRAS VET 9
16 KARACHI-CAFETERIA 7

Como vedes ainda non perdemos o tren da cabeza e agora quedannos cinco partidos seguidos na casa para intentar subir un pouco na clasificacion. Un saudo e... FORZA BERGAN!!

martes, 16 de febrero de 2010

¿DÓNDE ESTÁ O COMENTARIO DESTA SEMANA?

Huntelaar ¿dónde vai o comentario desta semana?. Quero leer a crónica dese gol que parece ser vai para millor gol do campionato.

martes, 9 de febrero de 2010

FOTO ALGO HISTÓRICA: Que noviños eran algúns.

Mirade que foto me mandou Suso, casi nadie tiña canas....bueno.........casi nadie...eso sí delgados coma sílfides......o mismiño que agora........jejejejejejejejejej. Os terceiros tempos acaban pasando factura ¿a qué sí?

lunes, 8 de febrero de 2010

PROXIMO PARTIDO: A RAS DE RAS - BERGANTIÑOS








SABADO 13 DE FEBREIRO

CAMPO DE SENRA (OROSO)

A RAS DE RAS

VS

BERGANTIÑOS

BERGANTIÑOS 4 -- KARACHI 1

Crónica do partido por Suso:

Todo empeza como casi sempre,o partido parecia facil pola situacion na clasificacion dos dous equipos o Bergantiños no posto 8º e o Karachi( Boiro)no 15'.Comenzou o partido algo descontrolado polo equipo do Bergantiños ,perdendo moitos balons e chegando malamente a porteria do Boiro ,eles serios e ordenados chegando con peligro en varias ocasións. A consecuencia de eso, falta cometida o dianteiro do Karachi no borde da área, falta ben sacacada e chega o 0-1 minuto 14' da 1º parte, No minuto 18' Moncho empata o partido chegando asi o descanso .
Empezouse a segunda parte con unha consigna clara por parte do adestrador do Bergantiños Cotelo: presion e mais presion para ganar o partido .
Empezouse a poñer toda a carne no asador,atacando efusivamente e chegando as ocasions de Cantelar , Moncho e Bernardo, pero tuvo que ser no minuto 19' falta sacada magistramente por Roberto e Milito con un gran cabezazo acada o 2-1 a favor do Bergantiños.
Apartir de ese momento o partido rómpese para o Boiro. No minuto 35' falta cometida sobre Cheli, saca moi ben templada Pepe e no centro da area estaba Cheli pa acadar o 3-1. Tuvo que ser no minuto 38' para que Javier fixera a xogada da tarde levando a dous defensas e o porteiro e acadando o 4-1 definitivo.
CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 VIÑOTECA RAQUEL 38
2 CIRE DE MELIDE 28
3 LOUSAME VET. 28
4 A RAS DE RAS 28
5 SIONLLA TRANS. ARINES 28
6 VETERANOS ORDENES 28
7 REDESYL ABANQUEIRO 27
8 BERGANTIÑOS 26
9 T.F.N. VILLESTRO 20
10 C.D. BERRES 20
11 IMPRENTA AYUDE ARZUA 20
12 PEÑA UNIVERSO 18
13 MERKAMUEBLE ISORNA 11
14 SYMATEC BERMES 10
15 CACHEIRAS VET 8
16 KARACHI-CAFETERIA 7