miércoles, 17 de febrero de 2010

A RAS DE RAS 2 - BERGANTIÑOS 2

Boas xente, este sabado disputouse no campo de Senra (Oroso) un partido crucial para as expectativas de futuro do noso equipo.

Presentamonos no campo con bastante tempo de antelacion e ¡¡antes de que chegaran os rivais!! (¿estaremonos volvendo serios?). O resultado final foi de empate a dous goles pero o normal seria unha victoria clara pola nosa parte xa que tivemos o partido controlado en todo momento e os rivais so crearon perigo a balon parado e algunha que outra xogada aillada. Segun a miña humilde opinion foi un dos partidos mais serios que fixemos no que vai de liga, pero acompañounos a mala fortuna.

Comezamos o partido coa idea de cerrar ben as liñas de pase do rival para recuperar o balon e sai o ataque cos dous estiletes que Cotelo situou nas Bandas, Milito e Bernardo. A xogada estaba saindo moi ben ata que Alberto intentou despexar un balon aereo, coa mala fortuna de que o introduciu na nosa porteria. Con ese resultado e guion predominantes chegouse o descanso, no que a consigna foi clara "seguide asi que estamos xogando ben".
E non seguimos igual senon que ainda melloramos un pouco e creamos moitas situacions de gol fruto dos roubos de balon no medio campo (gran partido de Vila) e a rapida saida o ataque, asi chegaria o empate obra de Bernardo o pouco de comezar o segundo tempo. Continuamos apretando pero outra vez a mala fortuna estivo con nos e o equipo local conseguiu adiantarse despois de empuxar a gol un balon aereo que se lle escapou a Oscar. O gol acabou co empate pero non co noso bo xogo; fruto do bo xogo e do dominio chegou o empate mediante unha vaselina axustada a escuadra esquerda da porteria visitante, arte futbolistica maxistralmente executada por un Cantelar que estivo moi activo en ataque durante os minutos dos que dispuxo. (Toma autobombo!!) Despois do gol o partido foi un correcalles no que houbo ocasions para os dous bandos e algun amago de tangana sen chegar o sangue o rio.

En definitiva, bo partido, resultado corto pero moi boas sensacions. Felicidades compañeiros porque xogando asi e moi dificil que perdamos.

Goleadores:



Resultados xornada 17
Local

Visitante
REDESYL ABANQUEIRO 4 3 VETERANOS ORDENES
CIRE DE MELIDE 3 2 SYMATEC BERMES
C.D. BERRES 3 3 PEÑA UNIVERSO
KARACHI-CAFETERIA 2 3 IMPRENTA AYUDE ARZUA
A RAS DE RAS 2 2 BERGANTIÑOS
CACHEIRAS VET 2 2 LOUSAME VET.
VIÑOTECA RAQUEL 4 0 MERKAMUEBLE ISORNA
T.F.N. VILLESTRO 2 1 SIONLLA TRANS. ARINES



CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 VIÑOTECA RAQUEL 41
2 CIRE DE MELIDE 31
3 REDESYL ABANQUEIRO 30
4 LOUSAME VET. 29
5 A RAS DE RAS 29
6 SIONLLA TRANS. ARINES 28
7 VETERANOS ORDENES 28
8 BERGANTIÑOS 27
9 T.F.N. VILLESTRO 23
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 23
11 C.D. BERRES 21
12 PEÑA UNIVERSO 19
13 MERKAMUEBLE ISORNA 11
14 SYMATEC BERMES 10
15 CACHEIRAS VET 9
16 KARACHI-CAFETERIA 7

Como vedes ainda non perdemos o tren da cabeza e agora quedannos cinco partidos seguidos na casa para intentar subir un pouco na clasificacion. Un saudo e... FORZA BERGAN!!

7 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Lástima de victoria!Eu xa vos comentei que era un partido aceptable para sacar conclusións máis axustatadas no que se refire a aspirar a "retos máis ousados".Está claro que se está no bo camiño.Pois nada,que o ánimo non vaia a menos e que se chegue a unha boa festa.Nestes cinco partidos na casa non se pode deixar marchar nin un punto...

susoxxl dijo...

Noraboa a todos polo partido foi uha pena non poder trer os 3 puntiños para Carballo ,pero de todas formas non esta mal o empate seguimos cas nosas bazas intactas.
Ahora preparase para o sabado solo nos vale ganar.
Andadara o bardo de varcia xa senos perdio outra vez o sabado as 6.30 nas eiroas manolete

RETRATISTA dijo...

Así me gusta que se fagan comentarios por parte dos que van xogar. Vai temporada, está saindo moi ben, creo que estamos a ser o equipo sorpresa.

O Bardo de Varcia dijo...

Agora xa se ve algo máis a partir das 7:30.Eu,antes,non vía un "güevo",como xa vos teño comentado.SusoXXL,xa te vin nas fotos da páxina do Xuventude...,come algo,que estás a quedar no chasis...Xa me enterei de que Dieguito está a xogar co Coristanco,que perdiu co Castriz...Xa sei que Castriz queda por Santa Comba...,e,que tamén aí chegou o fútbol,entre outras cousas...

Milito dijo...

Non estamos tan mal,pero tampouco estamos tan ben para aspirar a ascencer a primeira division...casi todos os equipos que estan encima de nos,teñen un partido menos e eso podria perjucdicarnos.Hay que facerlle caso o Bardo de Varcia,non podemos deixar escapar ni un so punto aos cinco partidos seguidos que temos na casa.

Huntelaar dijo...

Hai que ir pouco a pouco pero opcions estan na nosa man. Temos que seguir xogando serios e divertindonos.
Saudos compañeiros.

susoxxl dijo...

Bardo ti cres que eu vexo asique deixate de rollos e o sabado acercate as eiroas, amin os focos do carallo xeganme ,teremos que levar as jafas de sol.
chavales a concentrarse po sabado.

saludiños po presi.