jueves, 21 de mayo de 2009

Estallo la bomba informativa...

Hola xente!! como xa adiantaramos hai uns dias, o presidente estaba a manter conversas con distintas empresas para encargarse dos desprazamentos do noso benquerido equipo. Dado que ningunha destas empresas quixo facer o servizo debido as numerosas paradas tabernarias e o pouco presuposto dispoñible, optamos por un coñecido de Vila: "Juan o Aleman". Como sabemos que, de primeiras, pode resultar criticable a contratacion do servizo sen sacalo a concurso publico, imos a deixar unhas instantaneas deste chofer desempeñando o seu traballo para que poidades observar e admirar a sua profesionalidade no volante e o seu vehiculo de ultima xeracion (foi a ultima xeracion de Seat Fura que se fixo).

"Juan o Aleman" o volante do seu vehiculo

Que ben rie o condenado!!

O primeiro desprazamento que realizaremos con Juan e o de maña a Buño. Sairemos do Cabanote as 16 horas e faremos paradas en Cances e Buño, ambas para tomar cafe, antes de chegar o campo. O servizo sera gratuito para todos os integrantes da plantilla e corpo tecnico.
Saudos e... Forza Bergantiños!!

2 comentarios:

O RETRATISTA dijo...

o chauffeur e de confianza, ademáis seguro que nunca se vaixa do coche para ir a tabernas. Pero ¿e collemos todos neses coche tan fantástico? ¿ou leva incorporado un remolque para que nos dé o aire?.

Bergantiños veterans dijo...

O chofer e de moita confianza, ahi o tes esperando diante da de Manolo de Cances e sen dicir un chio, no tema do espacio seguro que nos arreglamos ainda que sea algo apretadiños.