lunes, 11 de mayo de 2009

Bergantiños 1 - Peña Universo 4 ¡Outra vaca no millo!


Boas xente!! Ímos a contar o pouco que hai que contar do partido "disputado" o sábado pasado en Buño. Empezamos o partido coa "caraja" de costume e así no minuto 10 xa íamos perdendo por 0 a 3, os seus dianteiros parecían Usaín Bolt, os mediocampistas Beckembauer e a defensa estaba formada por catro Baresi (do porteiro non falo que nin o vin nos primeiros dez minutos). Nós, pola nosa parte, pareciamos os do Bergantiños de Veteranos facendo un partido malo e así nos foi, dez minutiños, tres goles e algunha ocasión máis fallada pola parte da Peña Universo. Pero para nós é tan facil facelo mal coma facelo ben e así empezamos a combinar no medio campo e a ter o control do partido. A Peña Universo cada vez defendía máis atrás e os nosos mediocampistas chegaban con fluidez para asistir ós nosos dianteiros, fruto deste asedio chegaron as ocasións e o gol marcado por Carlos Landeira ó fío do descanso. Na segunda parte máis do mesmo ata que Milito tivo que ser evacuado do campo cunha brecha na cabeza e perdemos o orde defensivo, a partir de aquí o partido converteuse nun correcalles do que eles sacaron proveito nun contraataque. Non foi un bo partido para os nosos dianteiros xa que marraron varias ocasións de gol ademais de algunha parada de mérito que fixo o porteiro contrario.

Agora só nos queda pasar páxina e concentrarnos para o partido de Arzúa do próximo sábado, partido contra un rival directo que nos pode asegurar a permanencia ou condenarnos a loitar ata o final pola salvación.

Déixovos os resultados da xornada e na marxe tedes a clasificación actualizada.

Partidos xornada 25
Local

Visitante
SOGRANI - PORTOSIN 4 0 LAMELA
HOTEL PLAZA DE MAURA 3 0 IMPRENTA AYUDE ARZUA
CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 1 4 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE
VETERANOS DEL COMPOSTELA 1 4 CATERING CARLIN SAN PEDRO
FINSA 5 1 VETERANOS CD BERRES
CIRE DE MELIDE 2 1 ROPERCORT G. V. TRAZO
CARPINT. MARQUEZ VILELA 2 2 HAMBURGUESERIA VERDE
CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 2 0 STRADIVARIUS BRION

Saudos e... Forza Bergantiños!!

PD: Que sepa o retratista que estou a facer xestións con outra productora para a grabación e toma de imaxes dos partidos debido ó seu reiterado incumplimento de contrato. Avisado quedas, jajaja.

10 comentarios:

michel dijo...

tranquilos, esto areglase con unha encherola das vosas,je,je

PD.O Huntelar ese solo lle marca o Independiente e Cheli nin eso, jua,jua

O RETRATISTA dijo...

Quééééé?????? carajo de San Benito....despois da inversión que fixen en tecnoloxía de última xeración...nin falar de iso.....o despido é improcedente.......así pensao ben porque a indemnización pode ser millonaria......a miña comparada coa de Juande vai ser de risa....De todos os xeitos teño a exclusiva así que ...........xa nos veremos pronto...

Unknown dijo...

Hola

Eu creo que o presidente ten que tomar decisións, HAI QUE CAMBIAR A TÁCTICA, XA ESTÁ BEN DE FACER AS ENCHORALAS DESPOIS DOS PARTIDOS, CREO QUE É MELLOR FACELA ANTES DUN PARTIDO, OU UNHA COMIDA ANTES DO MESMO, EU CREO QUE A XENTE NECESITA ALGO DE DOPIN PARA VOLVER A SENDA DOS TRIUNFOS, JEJEJEJE

SAÚDOS E ÁNIMO PARA O SÁBADO.

Bergantiños veterans dijo...

Canta razón tes Albertiño!! para ganar os partidos só hai que aplicar a "lóxica", jejeje. Un saudiño para esas terras tan lonxanas.

Bergantiños veterans dijo...

Sindo, revisa ben o contrato que vas para "la rue" sen indemnización nin farrapo de gaitas. O sábado ímos a Arzúa e estou en contacto con unha productora de alí para o tema audiovisual dese partido, paro as negociacións ou desprazarás a un equipo da túa productora? Ti dirás.
Un saudiño, jejeje.

O RETRATISTA dijo...

Isto é moito presionar....pero tí sabes que eu teño a propiedade intelectual dos reportaxes realizados e por iso, coma a SGAE, vou a cobrar por todas as imaxes e video que publiques no blog. jejejejej....iso sen contar con certos videos que ata agora non foron publicados que ao ser despedido non verían a lux. ¡Látima! porque son de unha grande calidade...Así que pensoooo antes de despedirme.........jejejejejejje.

o presi dijo...

o retratista queda .non hai mais que falar

un interesado dijo...

Huntelar,polo ben dalguns hai que facerse co material do retratista.sei de videos que non - pueden ver la luz-

un preocupado dijo...

Albertiño, por deus .si saen os videos necesito dormida o mais lonxe posible.
un saudo pa africa-sur

O RETRATISTA dijo...

tranquilos...oh......que o Presidente é intelixente....e xa vedes que dictou sentencia. O retratista queda. En canto ao dos vídeos vós tranquilos que están a bó recaudo nunha caixa forte dun pais deses "paraíso fiscal"....máis ca nada por se a mín me pasa algo........un accidente ou unha cousa parecida.....jejejejejejeje, si eso ocorre igual "ven a luz" mentras tanto tranquis......(isto xa parece a camorra italiana)...jejejejejejejejeje. De todos os xeitos eu quería publicar unha canción que vin o outro día nun vídeo, e que non me acordaba dela (non me extraña que no acordara debido a hora que se cantou..jejejjje), pero para que vexades que o material está en boas máns primeiro vou a consultalo co "intérprete" para pedirlle autorización, e se ma dá poder ser un bombazo....un bombazo...se no ma da...quedará en secreto entre nós.......mais os que a oiron ese día.......¡se se acordan, claro!