miércoles, 20 de mayo de 2009

Arzua 3 - Bergantiños 5 "A tactica do ourizo"

Boas a tod@s!! Gran partido o xogado este sabado no campo municipal de O Viso en Arzua ante un rival directo para a permanencia e tamen ante un colexiado que non nos ten moito aprecio. Non empezou ben o partido para nos, xa que no minuto 5, e debido a "caraja" de costume, encaixamos o primeiro gol, a partir de aqui empezamos a carburar e fomos os completos dominadores do partido. A raiz dese dominio chegaron os goles, non chegaron antes polos innumerables foras de xogo que o arbitro pitou na nosa contra, que se materializaron mediante Diego, de penalti, e Oscar Lema. Coa ledicia dos goles chegamos o descanso e coa ledicia chegou a "caraja" que fixo que nos primeiros cinco minutos do segundo tempo encaixaramos dous goles e, polo tanto, que o Arzua lle dera a volta o marcador 3 a 2. A partir de aqui collemos o guion do primeiro tempo e volvemos a remontar con bo xogo, dominio e goles de Cheli e Bernardo (3 a 4). Chegado este momento empezou o festival de tarxetas (sempre para nos claro, ata lle amosaron unha a Vila por recibir unha falta!! Inaudito) e coas tarxetas chegaron as expulsions de Diego e Fariña (os folloneros de Coristanco, jajaja). Poñiase moi mal o panorama pois quedaban vinte minutiños e eramos dous menos no campo. Ante esta perspectiva optamos pola "Tactica do ourizo" (replegarse e pinchar, e vaia se pinchamos!!). Fruto dela chegou o gol da tranquilidade nunha contra levada maxistralmente por Cheli e Milito, e finalizada por Bernardo, o MVP deste partido apaixoante. Quero felicitar dende aqui a todos os meus compañeiros polo esforzo feito e as ganas que lle botaron: Noraboa rapaces!!

Be ourizo my friend!!

En definitiva, victoria ante un rival directo que agora esta metido de cheo na loita pola permanencia e unha semana mais de tranquilidade para nos. A semana proxima recibimos o Lamela, penultimo clasificado, coa esperanza de acadar unha victoria e case asegurar a permanencia un aniño mais.

O retratista volveu a ter vacacions, e xa van... De todas formas conseguin sacar unhas fotos despois de ir a papar navallas e unhas tortillas no Cabanote, non teñen moita calidade que as saquei co movil e xa eran horas intempestivas como poderedes observar pola posicion de sillas e taburetes.


Roel, Suso XXL e Trigo "O Bardo de Barcia"

Trigo e Diego

Un saudo afectuoso e perdonade os acentos pero non sei que carallo lle pasa o meu teclado.
Forza Bergantiños!!

7 comentarios:

Unknown dijo...

Hola
Felicidades pola victoria, pero o que máis me sorprende é como foi posible que Dieguiño e Fariña se puxeran de acordo para que os botara o árbitro os dous o mesmo día, estes dous non deixan de sorprendernos,...

Saúdos

Adxunto o presidente dijo...

Ultima hora: segun me adianta o presidente parece ser que imos a contar con vehiculo e chofer para os seguintes desplazamentos. Seguiremos informando.

O RETRATISTA dijo...

¡¡Felicidades!!! Pola victoria e tamén polas fotos. Vamos a ver si esta semana as miñas obrigas me deixan asistir o partido para retomar a miña profesión de paparazzi. Ten moito mérito gañar con 9 homes...pero teño pena por non estar alí e facer un documental sobre a expulsión dos dous de Coristanco. Sería on monográfico digno de Michael Moore sobre as dúas maneiras de que expullsen a un do campo. Ao árbitro tan xa lle vale. ¿Non será que teremos que mandarlle aos do Comité unhas garras de viño da de Trincado?.Ah, e o BB (Bardo de Barcia) xa iba sendo hora que non deleitara un pouquiño coa súa prosa......

SUSOXXL dijo...

Noraboa a todos pola victoria do sabado,ahora a completala oa proxima semana en buño.
a salvacon pasa por a victoria frente o Lamela ANIMOS AMIGOS

UNN DE LEILOYO dijo...

O BARDO DE BARCIA TEN QUE COLLER UN TABURETE ESTA ALGO BAIXO.
QUERO DECIR QUE ESE HOME E ALEGRIA DO EQUIPO,MANOLO NON TERRETIRES NUNCA. VEMONOS O SABADO.

O RETRATISTA dijo...

¿Qué é iso de que imos ter vehículo e chofer?..Contade....contade

Bergantiños veterans dijo...

Parece ser que pronto habera novas. As negociacions estan sendo levadas no mais absoluto secreto polo noso presidente. En canto sepa algo informo.
Saudos.