Ola a tod@s,
O sábado recibimos a visita do Touliña, rival directo pola permanencia, e solventamos o encontro cun 5 a 2 que non foi tan sinxelo como indica o marcador.
Comezou o partido sen un dominador claro e aos cinco minutos adiantábase o equipo visitante cun espléndido cabezazo ao saque dunha falta lateral.
O gol espertou a un Bergan que se fixo o dominador do partido e xerou moitas ocasións. Moncho fixo o empate no minuto 10 ao rematar no primero pau un centro de Charly. Non se conformou o equipo co empate e novamente Moncho marcou tras unha gran xogada entre Brian e Bernardo. Corría o minuto 15 do partido e Milito marcou o terceiro gol tras un fantástico control e unha galopada "marca da casa", con parede incluída. Seguimos a dominar o encontro e no minuto 30 Bernardo fixo o cuarto gol para cerrar o marcador do primeiro tempo. Dende aquí ata o descanso refíxose o Touliña e igualouse o partido.
Na segunda parte cambiaron as tornas e o equipo visitante foi o dominador do xogo, polo que tivoas primeiras ocasións que Óscar se encargou de parar nun partido moi completo do CANcerbeiro Carballés. Marcou o segundo o Touliña cun disparo dende un lateral da área, e seguiron achuchando a portería local ata que dispuxeron dun claro penalti para poñerse a só un tanto, foise fora e poidemos refacernos un pouco.
Co penalti fallado apretamos un pouco o cuiño e subiu a intensidade do encontro ata que Brian fixo o quinto a vinte minutos do final. De aquí ata o remate o Touliña dominou pero non levou tanto perigo coma antes e o Bergan dispuxo de algunha ocasión á contra. Mención especial merece Moncho que non quixo meter o terceiro para non levar o balón, xa que sabe da mala economía da que goza o equipo.
Con éste resultado (case)rematamos a primeira volta fora do descenso.
Quedan as fotos pendientes do retratista...
Un saúdo e Forza Bergantiños!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
Fenomenal crónica do partido polo periodista oficial do régimen.moi bo partido e a seguir asi
Moi boa a crónica do partido, felicitacións ao periodista. Tamén ao equipo que xogou unha gran primeira parte. As fotos se as queredes ver máis grandes pinchade sobre o cuadrado. O diseña da páxina non me permite agrandalas porque quedarían fora.
Ides enrachados. A seguir así moito tempo.
Que ocorre, xa non xoga o que fai os comentarios ou que?
Estamos no antroido temos que disfrazarnos.
A mikaela sentounos mal empate a unos entre o bergan e o cornos de boiro.
Os de Boiro xa tiñan abondo co de "cornos", pero bueno, que se lle vai facer...Saúde e República.
PARTIDO EN PORTO SIN.
NEBRA 4
BERGAN 1
ESTO ESTASE A COMPLICAR MOITO.
Partido desastroso de Bergantiños ante un ribal directo pola permanencia.
Bergantíños. 1
Piñan 8
Esto esta finalizando o bergantín esta case descendido a ultima oportunidade de non ser xa equipo segunda division pasa por ganar o sábado en sigueiro xaque uha victoria do equipo loca o bergantín estaría..matemáticamente descendido.
Chamoume O Vila para ir á cea.Téñoo un pouco complicado, se fora o venres, non habería ningún problema. Vou intentar argallalo. Un saúdo republicano.
Chamoume O Vila para ir á cea.Téñoo un pouco complicado, se fora o venres, non habería ningún problema. Vou intentar argallalo. Un saúdo republicano.
Chamoume O Vila para ir á cea.Téñoo un pouco complicado, se fora o venres, non habería ningún problema. Vou intentar argallalo. Un saúdo republicano.
Joder, por pouco non chega o comentario...
Publicar un comentario