O pasado sábado voltabamos á senda do triunfo ante o Sigüeiro, a quen derrotamos nas Eiroas por 3 a 1. O partido comezou moi ben pra nós xa que no minuto 5 marcaba en propia meta un dos defensores visitantes, tras o gol dominamos o partido ata o minuto 20 no que o Sigüeiro comezou a levar peligro á meta defendida por Óscar. Froito deste dominio conseguiron marcar o empate nun balón morto na área pequena.
Foi un partido de ida e volta no primeiro tempo e, despois do empate, tocounos mandar de novo e as ocasións foron para o Bergan. Adiantámonos no marcador por medio de Milito nunha fantástica xogada persoal pola banda dereita. Tras o gol chegaron máis ocasións para Cantelar, Brian e Bernardo que non estiveron atinados ante a meta visitante.
No segundo tempo igualáronse as forzas, o Sigüeiro apretaba e o Bergan saía á contra creando perigo por medio dos seus dianteiros. Tras varias decisións arbitrais controvertidas (cesión non sinalada, penalti sacado da área, expulsión de Diego...) fomos quen de marcar o terceiro gol por medio dunha xenialidade de Bernardo que sacou un disparo da chisteira cando menos se agardaba. Tras o gol houbo un par de acercamentos do Sigüeiro e finalizou o encontro.
Tralo partido tomamos unhas copiñas de cava para festexar o fin de ano futbolístico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario