martes, 15 de junio de 2010

Berres 6 - Bergantiños 4

Hola xente! Partido para olvidar en Berres, xogado sen tension e so serviu para que o equipo local non dependese de terceiros para asegurar a permanencia. O resultado final foi de 6 a 4 con goles de Moncho, Alberto, Carlos Landeira e Milito.

A noitiña fomos ata o picadero de Enrique a degustar un asado lento que estaba cojonudo (felicitacions o cociñeiro).

Felicidades dende aqui para os compañeiros do Abanqueiro (que dis que nos siguen) pola consecucion do titulo de liga e tamen para o Viñoteca Raquel, Ordenes e Melide polo ascenso. Nos rematamos a liga na 7ª posicion.

Por algunha razon non me deixa enlazar os albumes de fotos directamente (a ver se che deixa a ti Sindo) asi que poño os enlaces e so tedes que premer encima de cada un:



Nas proximas semanas teredes mais novas sobre altas, baixas e homenaxes a realizar.
un saudo para tod@s e... Forza Bergan!!

4 comentarios:

Veteranos Cire dijo...

pola parte dos veteranos do cire de melide, moitas gracias polos parabens ¡¡¡, moita sorte para o ano ¡¡¡

Un do Abanqueiro dijo...

Os veteráns do Abanqueiro agradecemos tamén as felicitacións. Teño que decir en nome de todos nós, que foi un pracer xogar contra vós este ano. Érades o equipo que máis intención de xogar ó fútbol tiña, e os que millor tratábades o balón en toda a categoría( Non a escachábades nunca para arriba coma nós). Ademáis tendes unhas instalacións deportivas realmente espléndidas(E SOBRETODO A TREMENDA CANTINA ACRISTALADA DA QUE DISPOÑEDES PARA O TERCEIRO TEMPO). Sorte para a próxima tempada, e oxalá conquirades o ascenso.
Darlle tamén a noraboa polo ascenso ó Melide(que polo que se ve,tamén siguen o voso xa famoso Blog), e ó Viñoteca Raquel e o Ordes.
Nós tamén facemos crónicas (Eso sí,sempre en clave de humor)dos nosos partidos nun Foro que temos. Si queredes ver a que fixemos cando fomos a Carballo tecleade directamente no Google: SABEN AQUEL QUE DIU...QUE OS VETERÁNS FORON A CARBALLO.
Para os amigos de Melide, si queren ler a crónica do partido da primeira volta, cando nos ganaran en Abanqueiro, naquel partido de infausto recordo pola tumultuosa tangana que se produxo ó final do partido,e na que algún xogador do Abanqueiro saleu do campo ca súa virilidade ferida, que tecleen no Google: A DERROTA SENTOU...COMA UNHA PATADA NOS JUEVOS.

Un saúdo a todos.

Huntelaar dijo...

Que gusto da saber que a xente sigue o teu traballiño (que as veces tanto costa). Acabo de enlazar as respectivas paxinas vosas no noso blog para que asi tamen teñades algunha visitiña dende as terras de Bergantiños.
Moitas gracias polos animos que mandades para o proximo ano, tentaremos subir, pero este ano en serio, jeje. Agora si, non vaiades a jodela vos e baixar que ides quedar sen volver a pisar a cantina acristalada!! jajaja.
Un saudo para ambos e moita sorte para a vindeira tempada.

susoxxl dijo...

As horas dos partidos do maraton
viernes--- 23.00,2.00,3.00
sabado---- 16,30

concentracion no Cabanote