lunes, 7 de junio de 2010

BERGANTIÑOS 1 - CIRE MELIDE 1

Boas xente, o pasado sabado disputamos o ultimo partido como locais desta tempada. O resultado foi de 1 a 1 contra o Cire de Melide, que viña xa ascendido matematicamente pero con opcions de quedar campeon de liga.

Foi un partido disputado de primcipio a fin no que disfrutamos tanto os de dentro coma os de fora. Adiantamonos a falta de 15 minutos para o final por medio dun cabezazo de Milito e empataronnos no tempo de desconto nunha desafortunada xogada na nosa area pequena.

Ao finalizar o partido desprazamonos ata Cances para facer acto de presencia na homenaxe ao compañeiro Facal. Dicir que foi un acto moi ben organizado e queremos felicitar dende esta humilde tribuna a Sindo e a Asociacion San Campio pola impecable organizacion do evento. Fago miñas as palabras de Manolo Trigo: "Magnífico acto in memoriam por José Luis Garcia Facal, Facal de Cances. Noraboa a todos; Sindo, Cambón, familia... foi duro, pero pagou a pena." Un dez para vos.

Reportaxe grafico do partido
Bergantiños - Cire Melide

A semana proxima desplazamonos ata Berres para acabar a tempada e pola noitiña temos preparado un asado lento para celebrar o fin de liga.

5 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Éme imposible asistir ao asado lento do día 12,pero espero que non tardemos en organizar outro"asado rápido"para poder celebrar ,con vós todos, este remate de liga.Allez, Bergan,allez!

SUSOXXL dijo...

Estamos finalizando esta liga e quero decir que tuven uns copañeiros COJONUDOS.

Huntelaar dijo...

A verdade e que formamos un gran grupo, polo menos nas tabernas, jeje.
Manolo, ti non te preocupes que habera mais "asados" e tamen algunha "cocedura", jaja.

O RETRATISTA RETIRADO dijo...

¿un "asado lento"? ¿que coño é iso? ¿e a que hora será? Se se celebra donde a mín me parece, haberá que levar video e linternas porque seguro que máis de un se perderá entre os "ponis"..jejejejej.ademáis de levar un GPS para poder volver. Eu vou meter un saco de dormir no coche polo que poida pasar...jejejejejejej

Huntelaar dijo...

Celebrase entre os ponis e imos a comer un churrasquiño feito con paciencia. Supoño que non se empezara antes das 22:30, que ademais xogamos case na Estrada.