Acabo de rematar a semana prodixiosa:a dos suspensos e a dos aprobados.Non me dá tempo a ir á Bombonera.Agora ímoslle dedicar algo ao noso fútbol para que o noso Alberto pase un pouco o tempo:Todos somos conscientes de que o fútbol implica sacrificio,realismo verosimilitude.cercanía...,tamén creatividade,modelaxe,distancia...Trátase dun episodio branco da nosa memoria.É algo que vén a rememorar o que nunca queremos deixar atrás.A amnesia do inconsciente e o deber de olvidar vai ser difícil que se conxuguen.O poder do medo,un sentimento tan humano como outros,que no fútbol parece prohibido,quédase na gavia fronte ao poder da realidade.Quizáis isto sexa o que fai tan grande esta afección que teño a sorte de compartir con todos vós.Viva o fútbol!Viva o Bergantiños de Veteranos!
Rematou de andar o amigo José Luis García Facal,FACAL DE CANCES,de Bergantiños.Sempre exerceu de home de Cances,de home de fútbol,e, sobretodo de boa persoa...Os camiños que andamos significan as canles,as veas,as artérias polas que corre e polas que pasa e vén a vida.Un deses camiños tiven a sorte de camiñalo contigo case que corenta anos máis tarde de haber tido o privilexio de facelo,algunha que outra vez,con Plácido,teu pai,cando nos acompañaba a Esteiro de Muros ao Americano,Manolo de Casal,Luís de Casal...Foron tempos magníficos que despois tiven a sorte de repetir convosco e cos compañeiros de Cances,cos que temos experimentado como ninguén esa afección e devoción polo fútbol que tantas xornadas de ledicia nos ten deparado.Benvido,Facaliño,xa que nunca te irás,a este camiño,que,partindo daquel pasado,é a artéria do futuro,unha das principalísimas xustificacións do noso existir.Ata sempre,amigo.
5 comentarios:
Hola
Acordadevos de tomar unha por min,aínda que non creo que faga falta que volo diga para que tomedes unha máis, jejeje.
PASADEO BEN!!!!!
p.d.- decidelle o mister que teña coidado coas peceras, que logo marease.
saúdos
Moitas gracias Albertiño, tomaremoslle unha a tua saude.
A ver cando voltas que xa se che bota en falta.
A coidarse.
hola alberto: esperamoste para as festas de San Juan, e de paso xogamos o torneo de veteranos. un saludo
Acabo de rematar a semana prodixiosa:a dos suspensos e a dos aprobados.Non me dá tempo a ir á Bombonera.Agora ímoslle dedicar algo ao noso fútbol para que o noso Alberto pase un pouco o tempo:Todos somos conscientes de que o fútbol implica sacrificio,realismo verosimilitude.cercanía...,tamén creatividade,modelaxe,distancia...Trátase dun episodio branco da nosa memoria.É algo que vén a rememorar o que nunca queremos deixar atrás.A amnesia do inconsciente e o deber de olvidar vai ser difícil que se conxuguen.O poder do medo,un sentimento tan humano como outros,que no fútbol parece prohibido,quédase na gavia fronte ao poder da realidade.Quizáis isto sexa o que fai tan grande esta afección que teño a sorte de compartir con todos vós.Viva o fútbol!Viva o Bergantiños de Veteranos!
Rematou de andar o amigo José Luis García Facal,FACAL DE CANCES,de Bergantiños.Sempre exerceu de home de Cances,de home de fútbol,e, sobretodo de boa persoa...Os camiños que andamos significan as canles,as veas,as artérias polas que corre e polas que pasa e vén a vida.Un deses camiños tiven a sorte de camiñalo contigo case que corenta anos máis tarde de haber tido o privilexio de facelo,algunha que outra vez,con Plácido,teu pai,cando nos acompañaba a Esteiro de Muros ao Americano,Manolo de Casal,Luís de Casal...Foron tempos magníficos que despois tiven a sorte de repetir convosco e cos compañeiros de Cances,cos que temos experimentado como ninguén esa afección e devoción polo fútbol que tantas xornadas de ledicia nos ten deparado.Benvido,Facaliño,xa que nunca te irás,a este camiño,que,partindo daquel pasado,é a artéria do futuro,unha das principalísimas xustificacións do noso existir.Ata sempre,amigo.
Publicar un comentario