Hola a tod@s, aqui deixo un video con fotos dos xogadores e unha cancion ca que nos sentimos totalmente identificados: todos queremos ser coma Marquinhos!!
Un saudo e... Forza Bergantiños!!
miércoles, 27 de mayo de 2009
martes, 26 de mayo de 2009
Bergantiños 6 - Lamela 1 ¡¡Atracon de goles!!
Hola socios!!
Partido ben solventado pola nosa parte o sabado pasado no campo de Buño. O rival, o penultimo clasificado, acudiu con dez xogadores e foi dominado dende o primeiro minuto do partido. Tivemos moitisimas ocasions por parte de todos os xogadores de ataque e so conseguimos meter seis goles. No primeiro tempo fomos para o descanso con dous a cero e unha porrada de ocasions o limbo, na segunda parte mellorou algo a conta anotadora pero non a efectividade xa que gozamos de moitas ocasions. E para destacar nesta segunda metade a conexion Trigo - Huntelaar que rompeu o partido nos minutos iniciais deste periodo cunha doble parede maxistral que rematou no fondo das mallas do cancerbeiro visitante. Dicir tamen que o gol visitante foi un trallazo dende o medio campo que se colou irremediablemente pola nosa escuadra facendo a "folha seca", un golazo. Os goleadores do partido foron Cheli, Huntelaar (2), Carlos Landeira, Arijon e Bernardo.
Con esta nova victoria case aseguramos matematicamente a permanencia (faltan 9 puntos por disputar e temos 8 de ventaxa) e aupamonos o sexto posto da clasificacion.
O retratista segue o seu e o novo paparazzi mandoume estas poucas fotiños, tanto do partido como da festa posterior. Para velas hai que clickar encima e darlle a "presentacion de diapositivas".
Dicir tamen que despois do partido gozamos dunha degustacion de tortillas e alitas de polo no Cabanote que se alargou ata altas horas da madrugada, para uns mais que para outros.
Saudos e a cuidarse.
Forza Bergantiños!!
Clasificacion pormenorizada e resultados

Bergan - Lamela |

jueves, 21 de mayo de 2009
Estallo la bomba informativa...
Hola xente!! como xa adiantaramos hai uns dias, o presidente estaba a manter conversas con distintas empresas para encargarse dos desprazamentos do noso benquerido equipo. Dado que ningunha destas empresas quixo facer o servizo debido as numerosas paradas tabernarias e o pouco presuposto dispoñible, optamos por un coñecido de Vila: "Juan o Aleman". Como sabemos que, de primeiras, pode resultar criticable a contratacion do servizo sen sacalo a concurso publico, imos a deixar unhas instantaneas deste chofer desempeñando o seu traballo para que poidades observar e admirar a sua profesionalidade no volante e o seu vehiculo de ultima xeracion (foi a ultima xeracion de Seat Fura que se fixo).
Que ben rie o condenado!!
O primeiro desprazamento que realizaremos con Juan e o de maña a Buño. Sairemos do Cabanote as 16 horas e faremos paradas en Cances e Buño, ambas para tomar cafe, antes de chegar o campo. O servizo sera gratuito para todos os integrantes da plantilla e corpo tecnico.
Saudos e... Forza Bergantiños!!
Saudos e... Forza Bergantiños!!
miércoles, 20 de mayo de 2009
Arzua 3 - Bergantiños 5 "A tactica do ourizo"
Boas a tod@s!! Gran partido o xogado este sabado no campo municipal de O Viso en Arzua ante un rival directo para a permanencia e tamen ante un colexiado que non nos ten moito aprecio. Non empezou ben o partido para nos, xa que no minuto 5, e debido a "caraja" de costume, encaixamos o primeiro gol, a partir de aqui empezamos a carburar e fomos os completos dominadores do partido. A raiz dese dominio chegaron os goles, non chegaron antes polos innumerables foras de xogo que o arbitro pitou na nosa contra, que se materializaron mediante Diego, de penalti, e Oscar Lema. Coa ledicia dos goles chegamos o descanso e coa ledicia chegou a "caraja" que fixo que nos primeiros cinco minutos do segundo tempo encaixaramos dous goles e, polo tanto, que o Arzua lle dera a volta o marcador 3 a 2. A partir de aqui collemos o guion do primeiro tempo e volvemos a remontar con bo xogo, dominio e goles de Cheli e Bernardo (3 a 4). Chegado este momento empezou o festival de tarxetas (sempre para nos claro, ata lle amosaron unha a Vila por recibir unha falta!! Inaudito) e coas tarxetas chegaron as expulsions de Diego e Fariña (os folloneros de Coristanco, jajaja). Poñiase moi mal o panorama pois quedaban vinte minutiños e eramos dous menos no campo. Ante esta perspectiva optamos pola "Tactica do ourizo" (replegarse e pinchar, e vaia se pinchamos!!). Fruto dela chegou o gol da tranquilidade nunha contra levada maxistralmente por Cheli e Milito, e finalizada por Bernardo, o MVP deste partido apaixoante. Quero felicitar dende aqui a todos os meus compañeiros polo esforzo feito e as ganas que lle botaron: Noraboa rapaces!!
En definitiva, victoria ante un rival directo que agora esta metido de cheo na loita pola permanencia e unha semana mais de tranquilidade para nos. A semana proxima recibimos o Lamela, penultimo clasificado, coa esperanza de acadar unha victoria e case asegurar a permanencia un aniño mais.
O retratista volveu a ter vacacions, e xa van... De todas formas conseguin sacar unhas fotos despois de ir a papar navallas e unhas tortillas no Cabanote, non teñen moita calidade que as saquei co movil e xa eran horas intempestivas como poderedes observar pola posicion de sillas e taburetes.
Un saudo afectuoso e perdonade os acentos pero non sei que carallo lle pasa o meu teclado.

martes, 19 de mayo de 2009
¿ONDE ESTÁ A CRÓNICA DA VICTORIA ÉPICA DO SÁBADO?
Vamos a ver, moito criticar ao retratista, pero aquí nin Dios fai a crónica de esa victoria, que segundo me contaron foi épica. Unha victoria deste calibre con só 9 xogadores de campo, merece unha crónica xa.........Así que coma xa deben de estar as neuronas recuperadas do fin de semán vai sendo hora de facela..Conta...conta. Huntelar ¿ou é que aínda seguimos celebrando os dous títulos da semana anterior?
lunes, 11 de mayo de 2009
Bergantiños 1 - Peña Universo 4 ¡Outra vaca no millo!
Boas xente!! Ímos a contar o pouco que hai que contar do partido "disputado" o sábado pasado en Buño. Empezamos o partido coa "caraja" de costume e así no minuto 10 xa íamos perdendo por 0 a 3, os seus dianteiros parecían Usaín Bolt, os mediocampistas Beckembauer e a defensa estaba formada por catro Baresi (do porteiro non falo que nin o vin nos primeiros dez minutos). Nós, pola nosa parte, pareciamos os do Bergantiños de Veteranos facendo un partido malo e así nos foi, dez minutiños, tres goles e algunha ocasión máis fallada pola parte da Peña Universo. Pero para nós é tan facil facelo mal coma facelo ben e así empezamos a combinar no medio campo e a ter o control do partido. A Peña Universo cada vez defendía máis atrás e os nosos mediocampistas chegaban con fluidez para asistir ós nosos dianteiros, fruto deste asedio chegaron as ocasións e o gol marcado por Carlos Landeira ó fío do descanso. Na segunda parte máis do mesmo ata que Milito tivo que ser evacuado do campo cunha brecha na cabeza e perdemos o orde defensivo, a partir de aquí o partido converteuse nun correcalles do que eles sacaron proveito nun contraataque. Non foi un bo partido para os nosos dianteiros xa que marraron varias ocasións de gol ademais de algunha parada de mérito que fixo o porteiro contrario.
Agora só nos queda pasar páxina e concentrarnos para o partido de Arzúa do próximo sábado, partido contra un rival directo que nos pode asegurar a permanencia ou condenarnos a loitar ata o final pola salvación.
Déixovos os resultados da xornada e na marxe tedes a clasificación actualizada.
Partidos xornada 25 | ||||
---|---|---|---|---|
Local | Visitante | |||
SOGRANI - PORTOSIN | 4 | 0 | LAMELA | |
HOTEL PLAZA DE MAURA | 3 | 0 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | |
CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | 1 | 4 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | |
VETERANOS DEL COMPOSTELA | 1 | 4 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | |
FINSA | 5 | 1 | VETERANOS CD BERRES | |
CIRE DE MELIDE | 2 | 1 | ROPERCORT G. V. TRAZO | |
CARPINT. MARQUEZ VILELA | 2 | 2 | HAMBURGUESERIA VERDE | |
CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 2 | 0 | STRADIVARIUS BRION |
Saudos e... Forza Bergantiños!!
PD: Que sepa o retratista que estou a facer xestións con outra productora para a grabación e toma de imaxes dos partidos debido ó seu reiterado incumplimento de contrato. Avisado quedas, jajaja.
miércoles, 6 de mayo de 2009
Lóxica interna do Bergantiños de Veteranos
Boas xente, como todos vós sabedes David Vidal é un importante colaborador deste blog e mándoume nun mail o que os mestres do futebol chaman "Lóxica interna do xogo do fútbol". Como eu vin o tema moi dificil adapteina un pouquiño para que nos servira ós veteranos.
Agora espero as vosas opinións para, se fixera falta, cambiar algo ou mandar a circular por todos os equipos veteranos das ligas perdidas. Un saudo e... Forza Bergantiños!!!
Agora espero as vosas opinións para, se fixera falta, cambiar algo ou mandar a circular por todos os equipos veteranos das ligas perdidas. Un saudo e... Forza Bergantiños!!!
martes, 5 de mayo de 2009
HUNTELAAR ¿ONDE ANDARÁS OH?
Huntelaar por donde andas metido? Este blog esta moi parado, aínda estás a celebrar "o do sábado" (non vamos a dicir qué é o do sábado non sea a xente se mosquee.jejeje).
Vai espabilando que xa estamos case que a mércores e aínda non escribiches rien .....de rien..........
Vou a preparar un archivo cos caretos dos integrantes da plantilla e subilo, tí despois xa lle darás forma....ainda que me falta algún.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)