Hola xente!! Como este sábado non hai futebol e temos unha ponte, seguro que algún sairá de viaxe. Tede coidado na carretera, por vós e polos de verde que vos poden poñer unha multa. Teño escoitado que últimamente andan encima dos infractores con métodos novedosos.
Se non tedes tanta sorte coma o rapaz do video anterior tede coidado con non pagar porque ahora reclaman as multas de forma moi vehemente.
Xa sabedes, andade con ollo e disfrutade destes días de asueto que nos trae o calendario.
Saudos e... Forza Bergantiños!!
jueves, 30 de abril de 2009
martes, 28 de abril de 2009
San Pedro 4 - Bergantiños 3 ¡¡FRENAZO!!
Hola a todos, como estiven ausente no partido deste sábado vou a collerlle prestada a crónica ó noso poeta oficial, o señor Manolo de Trigo (O Bardo de Barcia):"O 25 de abril, partido para esquecer en Airiños (Vedra). Caracterizámonos pola baixa actitude, de aí que caéramos 4 a 3. Houbo un intre no que estivemos 1 a 1, foi unha xogada protagonizada por un de Barcia e executada por outro de Vilar de Suso, claro, os dous de Sísamo, a parroquia de máis sarego de Carballo de Bergantiños, que, á fin, no fondo, sómosche un pobo boscoso e fluvial, antigo de brañas e xunqueiras debuxadas polo vento no lenzo da historia. Isto do final vai dedicado ao noso Sudafricano para que lle aflore a saudade e a morriña e lembre que eiquí tamén o botamos de menos.
Ben, agora só nos queda gañar algún partido máis, se non... Así que xa sabedes, a adestrar. Algúns imos ir este xoves ao campo do chorís para rematar en Oza de Bergantiños na de Tino de Bardanca e aproveitar para exercer, unha vez máis, de "exploradores" de tabernas, que é o noso."
Déixovos aquí abaixo o resultado de todos os partidos da xornada e xa tedes a clasificación actualizada no lateral da páxina (seguimos séptimos).
Un saudo e... Forza Bergantiños!!
Xornada: 24 - 25/04/2009 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Fecha | Local | Visitante | Estado | |||
| 25/04/2009 | CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 2 | 0 | LAMELA | Jugado | |
| 25/04/2009 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | 1 | 3 | SOGRANI - PORTOSIN | Jugado | |
| 25/04/2009 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | 1 | 0 | HOTEL PLAZA DE MAURA | Jugado | |
| 25/04/2009 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | 4 | 3 | CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | Jugado | |
| 25/04/2009 | VETERANOS CD BERRES | 2 | 3 | VETERANOS DEL COMPOSTELA | Jugado | |
| 25/04/2009 | ROPERCORT G. V. TRAZO | 3 | 1 | FINSA | Jugado | |
| 25/04/2009 | HAMBURGUESERIA VERDE | 1 | 1 | CIRE DE MELIDE | Jugado | |
| 25/04/2009 | STRADIVARIUS BRION | 1 | 3 | CARPINT. MARQUEZ VILELA | Jugado | |
viernes, 24 de abril de 2009
Nova hora de saída
Hola a todos, despois de falar entre nós chegamos á conclusión de que non sabemos onde está o campo así que modificamos a hora de saída.
Salimos do Cabanote ás 16:30
Sede puntuais que nos fai falta o tempo. Un saudo e ata mañá!!
miércoles, 22 de abril de 2009
Próximo partido: San Pedro - Bergantiños
Catering Carlin San Pedro
VS
Cafetería Manaus Bergantiños
Levade as camisetas negras que eles xogan de azul e laranxa
Sábado 25 ás 18:30 en Eiriños (Boqueixon)
Ás 16:30 horas arrancamos do Cabanote
Ás 10 da noite haberá paella no Madrid e sobre as 12 dará comezo o recital de costumbre.

Resultados xornada 23
Boas xente, hoxe ímos a poñer os resultados da segunda división nesta última xornada, a 23. A falta de sete encontros para o final da liga estamos séptimos e ascendendo na clasificación, a ver canto nos dura!
Como todos vós sabedes encomendámoslle a tarefa da busca dun porteiro a David Vidal, dada a boa sintonía que houbo entre o presi Vila e o gran David Vidal (quedaron na taberna) non quixemos deixar pasar a oportunidade de que nos dera algún que outro conselliño para os nosos xogadores:
Bueno amigos, esto é todo por hoxe, mañá máis. Atalogo e... Forza Bergantiños!!
| Partidos | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Fecha | Local | Visitante | Estado | |||
| 18/04/2009 | LAMELA | 1 | 2 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | Jugado | |
| 18/04/2009 | SOGRANI - PORTOSIN | 1 | 2 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | Jugado | |
| 18/04/2009 | HOTEL PLAZA DE MAURA | 1 | 0 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | Jugado | |
| 18/04/2009 | CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | 2 | 0 | VETERANOS CD BERRES | Jugado | |
| 18/04/2009 | VETERANOS DEL COMPOSTELA | 5 | 3 | ROPERCORT G. V. TRAZO | Jugado | |
| 18/04/2009 | FINSA | 1 | 0 | HAMBURGUESERIA VERDE | Jugado | |
| 18/04/2009 | CIRE DE MELIDE | 1 | 0 | STRADIVARIUS BRION | Jugado | |
| 18/04/2009 | CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 3 | 1 | CARPINT. MARQUEZ VILELA | Jugado | |
Como todos vós sabedes encomendámoslle a tarefa da busca dun porteiro a David Vidal, dada a boa sintonía que houbo entre o presi Vila e o gran David Vidal (quedaron na taberna) non quixemos deixar pasar a oportunidade de que nos dera algún que outro conselliño para os nosos xogadores:
Bueno amigos, esto é todo por hoxe, mañá máis. Atalogo e... Forza Bergantiños!!
lunes, 20 de abril de 2009
Bergantiños 2 - Berres 0
Hola socios, este sábado disputamos nas Eiroas un partido que pode marcar o noso futuro na liga. Conseguimos gañarlle ó Berres por dous goles de diferencia co que lle temos gañado tamén o gol-average.
Deixémonos de cábalas e vamos a ir ó partido. A cousa empezou moi mal pois o noso porteiro lesionouse mentras quentabamos, sofre unha rotura de clavícula e varios tendons e supoño que estará a ser operado nestes momentos (moita sorte e recuperate pronto).
Non sei se sería pola lesión do compañeiro ou qué nos pasou pero fixemos un primeiro tempo moi bo, tocando a bola, recuperando moi arriba o balón, presionando con cabeza e sen sustos na nosa área. Fruto deste bo xogo chegaron os dous goles de Carlos Landeira (vaia racha meu!!) que ben puideron ser algún máis. No segundo tempo cambiamos o chip e, aínda sen xogar mal, dedicámonos a controlar o partido e buscar xogadas moi directas polo que o espectáculo resentiuse bastante xa que o Berres tampouco era capaz de achegarse con perigo á nosa portería.
Terceira victoria consecutiva e con bastante bo xogo, esto non fai máis que mellorar e esperemos que siga así moito tempo. Polo menos chegamos á fase final da tempada con tranquilidade, bo xogo, e algunhas (poucas) opcións de ascenso.

Queremos aproveitar dende aquí para mandar un saúdo a Charly e desexarlle unha pronta recuperación, os partidos xa non serán o mesmo sen as súas palomitas e os seus berros. Como consecuencia desta lesión andamos á procura dun porteiro, tarefa que lle encomendamos a un dos grandes do fútbol galego: David Vidal.
Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!
Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!
| CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Pos. | Equipo | Puntos | ||||
| 1 | VETERANOS DEL COMPOSTELA | 55 | ||||
| 2 | CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO | 47 | ||||
| 3 | SOGRANI - PORTOSIN | 45 | ||||
| 4 | CARPINT. MARQUEZ VILELA | 41 | ||||
| 5 | HOTEL PLAZA DE MAURA | 38 | ||||
| 6 | VETERANOS CD BERRES | 36 | ||||
| 7 | CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS | 33 | ||||
| 8 | IMPRENTA AYUDE ARZUA | 31 | ||||
| 9 | FINSA | 31 | ||||
| 10 | CIRE DE MELIDE | 30 | ||||
| 11 | PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE | 29 | ||||
| 12 | CATERING CARLIN SAN PEDRO | 25 | ||||
| 13 | ROPERCORT G. V. TRAZO | 24 | ||||
| 14 | HAMBURGUESERIA VERDE | 23 | ||||
| 15 | LAMELA | 22 | ||||
| 16 | STRADIVARIUS BRION | 8 | ||||
Como podedes observar, os que viñan detrás nosa gañaron todos polo que non ampliamos diferencia pero sí que recortamos algún puntiño ós que nos precedían na clasificación. A seguir así rapaces!
Esto é todo que esta semana o retratista tomou vacacións pola súa conta e non hai reportaxe gráfico. A coidarse e... Forza Bergantiños!!
viernes, 17 de abril de 2009
Predición metereolóxica Sábado 18
Boas xente, acaba de remitirnos Meteogalicia a predición do tempo para maña.
Como podedes observar no mapa, haberá choiva de goles na zona de Carballo pero non poden precisar para que lado van a ir, así que haberá que andar con coidado, jejeje. Recomendan tamén evitar as tabernas na noite do venres e non andar de viños a mañá do sábado para evitar que nos caia encima un chaparrón.
Vémonos mañá ás 18:30 nas Eiroas, e a ver se gañamos.
Falando de todo un pouco, hai unha enquisa na parte superior dereita da páxina para poñernos de acordo no tema das enchentes , xa que a xente quéixase de que non variamos moito os menús. Votade e xa sabedes...
O que os Veteranos votan, vai a misa, jejeje.
Un saúdo e... Forza Bergantiños!!
miércoles, 15 de abril de 2009
A VOLTA DE MANOLO UN AUTÉNTICO CRACK
Coa volta de Manolo Trigo ao equipo fai unhas semanas volvemos a senda das victorias. Despois de uns meses de ausencia reapareciu en Buño fai unhas semanas e conseguimos vencer aos de Arzúa por 4-1. Este vídeo e de certo xeito unha homenaxe a súa volta aos terreos de xogo.
Na parte final do vídeo engadimos a pequena trifulca que tiveron os contrarios co árbitro, e que dou lugar a certos momentos de tensión.....pero ao final a cousa calmouse e todo quedou en nada, como efectivamente debe de ser.
Aquí tendes o vídeo:
martes, 14 de abril de 2009
Próximo partido: Bergantiños - Berres
Cafetería Manaus Bergantiños
VS
Veteranos CD Berres
Sábado 18 ás 18:30 nas Eiroas
lunes, 13 de abril de 2009
MOMENTOS.......
Como a cousa está algo parada hoxe deixovos este vídeo despois dunha derrota. Como se vé o Presi está que morde, inclusive está pensando seriamente en eliminar do equipo ao crack Huntelaar por no cumplir as expectativas postas nel. Afortundamente reconsiderou a súa decisión e non só non botou a estrela da dianteira bergantiñana, senón que parece que lle renovou contrato ata o 2025, e segundo din a malas linguas con unha sustancial millora do contrato. Así Presi...así.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)