jueves, 26 de noviembre de 2009
miércoles, 4 de noviembre de 2009
ISORNA 1 --- BERGANTIÑOS 3
O sábado gañamos 1-3 en Isorna, ademáis teño que resaltar que despois de moitos meses chegamos ao campo e estabamos vestidos 20 minutos antes de comenzar o partido. Debutou como porteiro Oscar, e solo decir que o fixo moi ben.
Na primeira parte 0-0. Eles tiveron dúas ou tres oportunidades que desbaratou o noso porteiro, nós tamén tivemos unha boa oportunidade por parte de Bernardo.
Significar que tiñamos 6 ou 7 cambios. Na segunda parte 0-1 gol de Bernardo (que pena que borrei a foto sen querer), 0-2 Milito, e 0-3 obra de Cheli. Eles recortaron ao final do partido nunha xogada que para mín o delantero levou a pelota coas máns, ademáis de estar en fora de xogo.
Coma sempre quitei unhas fotiños......do terceiro tempo tamén, son éstas:
![]() |
| ISORNA 1 --- BERGANTIÑOS 3 O outro protagonista para mín foi éste outro que se ve na foto, non sei aos demáis compañeiros pero a mín deixoume coma un colador, aínda teño as secuelas, nin que me picara un enxambre de abellas. |

domingo, 18 de octubre de 2009
FESTA ANUAL DA ASOCIACIÓN DE VETERANOS DE SANTIAGO
Aquí vos deixo unhas fotos da festa anual da Asociación de Veteranos de Santiago. Aínda que se vexan algúns sitios vacios pódevos dicir que as fotos foron tomadas cando estabamos entrando. Da gusto ver tanta xente
jueves, 15 de octubre de 2009
¡¡¡¡ULTIMA HORA: CAMBIO DE PARTIDO O SÁBADO XOGAMOS EN DEIXEBRE, AS 16,30!!!
¡¡¡¡ATENCIÓN CAMBIO DE CAMPO O SÁBADO!!!!!
O SÁBADO XOGAMOS EN DEIXEBRE AS 16,30
EN DEIXEBRE:
VINOTECA RAQUEL
-----
BERGANTIÑOS
SAÍDA AS 15,00 DO CABANOTE
E agora déixovos unhas fotiños de onte no Bar que leva Tino nas Eiroas
domingo, 11 de octubre de 2009
FOTOS DO TERCEIRO TEMPO: CACHEIRAS - BERGANTIÑOS
A victoria contra o Cacheiras celebrámola no bar do campo de fútbol das Eiroas estas son as fotos:
CACHEIRAS 2 - BERGANTIÑOS 3: FOTOS
Fotos da victoria deste sábado contra o Cacheiras.
E como de momento o cronista non cumpriu coa súa obriga vou adelantar eu a crónica.
Coma sempre que xogamos fora chegomos tamén fora de.....hora...Eche unha costume acadada que non hai maneira de olvidar. Coma sempre comenzou o partido e non sabiamos nin donde tiñamos que xogar, así que no minuto UN 1-0, no minuto DOUS 2-0, e no minuto CINCO, 2-0 máis catro tiros que nos tiraron aos paus. É dicir salimos coa torda de sempre, se a iso lle engadimos que os que teñen que correr estaban poñendo o chaleco, debemos darlle grazas ao santo do fútbol, porque o normal era levar 5-0 no minuto cinco.
Empezaron a sair do banquillo os que xa debían estar no campo e a cousa normalizouse de tal xeito que antes do minuto 40 da primeira parte xa gañabamos 2-3, iso sí eles volveron a afiar o largueiro con outro tiro no paus.
Cando todo presaxiaba que na segunda parte iamos a galealos, a cousa revirouse outra vez e empezaron a a achuchar en nós, pero ao final o resultado quedou como estaba 2-3.
Boa victoria que nos permite estar cómodos, agora toca refrendala o próximo sábado.
E eu non teño máis que dicir

Suscribirse a:
Entradas (Atom)