E como de momento o cronista non cumpriu coa súa obriga vou adelantar eu a crónica.
Coma sempre que xogamos fora chegomos tamén fora de.....hora...Eche unha costume acadada que non hai maneira de olvidar. Coma sempre comenzou o partido e non sabiamos nin donde tiñamos que xogar, así que no minuto UN 1-0, no minuto DOUS 2-0, e no minuto CINCO, 2-0 máis catro tiros que nos tiraron aos paus. É dicir salimos coa torda de sempre, se a iso lle engadimos que os que teñen que correr estaban poñendo o chaleco, debemos darlle grazas ao santo do fútbol, porque o normal era levar 5-0 no minuto cinco.
Empezaron a sair do banquillo os que xa debían estar no campo e a cousa normalizouse de tal xeito que antes do minuto 40 da primeira parte xa gañabamos 2-3, iso sí eles volveron a afiar o largueiro con outro tiro no paus.
Cando todo presaxiaba que na segunda parte iamos a galealos, a cousa revirouse outra vez e empezaron a a achuchar en nós, pero ao final o resultado quedou como estaba 2-3.
Boa victoria que nos permite estar cómodos, agora toca refrendala o próximo sábado.
E eu non teño máis que dicir







