domingo, 11 de octubre de 2009

CACHEIRAS 2 - BERGANTIÑOS 3: FOTOS

Fotos da victoria deste sábado contra o Cacheiras.
E como de momento o cronista non cumpriu coa súa obriga vou adelantar eu a crónica.
Coma sempre que xogamos fora chegomos tamén fora de.....hora...Eche unha costume acadada que non hai maneira de olvidar. Coma sempre comenzou o partido e non sabiamos nin donde tiñamos que xogar, así que no minuto UN 1-0, no minuto DOUS 2-0, e no minuto CINCO, 2-0 máis catro tiros que nos tiraron aos paus. É dicir salimos coa torda de sempre, se a iso lle engadimos que os que teñen que correr estaban poñendo o chaleco, debemos darlle grazas ao santo do fútbol, porque o normal era levar 5-0 no minuto cinco.
Empezaron a sair do banquillo os que xa debían estar no campo e a cousa normalizouse de tal xeito que antes do minuto 40 da primeira parte xa gañabamos 2-3, iso sí eles volveron a afiar o largueiro con outro tiro no paus.
Cando todo presaxiaba que na segunda parte iamos a galealos, a cousa revirouse outra vez e empezaron a a achuchar en nós, pero ao final o resultado quedou como estaba 2-3.
Boa victoria que nos permite estar cómodos, agora toca refrendala o próximo sábado.
E eu non teño máis que dicir

martes, 29 de septiembre de 2009

Plaza de Maura 1 - Bergantiños 4

Hola a tod@s. Comezamos a liga o pasado sabado no boirense campo de Cures ante un dos "gallitos" da categoria e fomos quen de sair moi ben parados. O partido seguiu a tonica da pretemporada, orde defensivo, control e pegada, moita pegada. En todo momento tivemos o control do partido salvo nos ultimos cinco minutiños que nos apretaron un pouco e lograron o gol. Os nosos goles foron obra de Carlos Landeira (3) e Moncho.

Con estra goleada a domicilio poñemonos lideres e Carlos lidera a taboa de maximos goleadores. Non deixa de ser unha anecdota pero estas cousas da gusto poñelas no blog.

O retratista esta de vacacions e non houbo reportaxe fotografico, hai que agardar para a semana.

Un saudo e... Forza Bergantiños!!


Clasificacion 2ª Division
Equipo Puntos
BERGANTIÑOS 3
IMPRENTA AYUDE ARZUA 3
VIÑOTECA RAQUEL 3
REDESYL ABANQUEIRO 3
MERKAMUEBLE ISORNA 3
LOUSAME VET. 1
A RAS DE RAS 1
SIONLLA TRANS. ARINES 0
SYMATEC BERMES 0
KARACHI-CAFETERIA 0
CAF. SAN ROQUE ORDENES 0
CIRE DE MELIDE 0
T.F.N. VILLESTRO 0
C.D. BERRES 0
CACHEIRAS VET 0
PEÑA UNIVERSO 0

jueves, 24 de septiembre de 2009

Proximo partido: Hotel plaza de Maura - Bergantiños

Hola a tod@s, volvemos a retomar esta andaina despois dun merecido (ou non) descanso. Despois dunha pretemporada exitosa debutamos en liga contra o Hotel Plaza de Maura o quinto clasificado do ano pasado. Sera unha ocasion estupenda de darlle a benvida os novos compañeiros deste ano, xa os iremos presentando.


Sabado 26 de setembro 17:30

Campo de Cures

Hotel Plaza de Maura
VS
Bergantiños

Saida do Cabanote as 15:30

martes, 8 de septiembre de 2009

XA EMPEZOU A PRETEMPORADA. O SÁBADO 27 COMENZA A LIGA

Para este equipo xa comenzou a pretemporada o domingo anterior xogouse contra o Bértoa nas Eiroas e perdiuse por 5-1. O Domingo día 6 partido en Cances donde se gañou 1-4. Un pequeno correctivo para os xogadores da Costa, pero o importante foi o "terceiro tempo" no que se degustaron diversos aperitivos tanto na de Manolo como no Bar Fergo, a sede social do Xuventude.
Déixovos o testimonio gráfico dos acontecementos do domingo.



PARTIDO EN CANCES

viernes, 19 de junio de 2009

Cea fin de tempada (II)

Hoxe celebraremos o fin da tempada e a permanencia na cerveceria A Bombonera a partir das 22:30 horas. Agardamos a vosa presencia.

jueves, 11 de junio de 2009

Golpe de efecto!!

Hola xente!
Despois dos ultimos movementos do Real Madrid de Florentino nas fichaxes de Kaka e Cristiano Ronaldo anda o noso presidente mais contento que unhas pascuas. O motivo da sua alegria non e outro que o compromiso que lle arrancou os dous futbolistas para xogar no Bergan en canto pasen dos 30 anos e queden libres, asi que estas fichaxes son un paso adiante para o futuro destes dous cracks mundiais no Bergantiños de Veteranos.
Xa puidemos ver a intencion de Kaka nunha celebracion recente o seu compromiso co noso
clube...


E coma Cristiano non queria ser menos abordou a Vila na entrega do galardon o "Veterano do ano" da tempada pasada para ter opcions de xogar o lado de tan grandes futebolistas.


A unica condicion que puxeron foi que seguise xogando Luciano, que os rapaces estan cansos de tanto aquarius e queren coñecer sitios enxebres onde tomar uns vasiños e botarlle unhas pezas.

Queremos felicitar a Vila por estas duas incorporacions de primeiro nivel que, xunto a Huntelaar, sembraran o panico nas defensas dos equipos rivais. Gran xestion Presi!

martes, 9 de junio de 2009

Bergantiños 1 - Plaza de Maura 4

Boas socios!!
Esta semana tocounos perder na casa ante un rival que para nada foi superior a nos. Simplemente enchufou as ocasions que tuvo e nos hinchamonos a fallar diante do seu porteiro, fallamos ata os penaltis. Empezamos o partido serios e controlando o xogo, pero na primeira ocasion que se acercou o Plaza de Maura marcou despois de tres rechaces. Volta a empezar e seguimos controlando o partido e con ocasions, todas falladas pola nosa pouco afortunada dianteira. No medio do noso festival de fallos ofensivos chegou outro defensivo e un despeje converteuse nunha perfecta asistencia a porta vacia para que fixeran o segundo gol. Descanso e na segunda parte atacamos con mais impetu que cabeza e colleronnos en dous contragolpes que puxeron o 0 a 4 no marcador. A partires de aqui partido de tramite con mais ocasions falladas pola nosa parte ata que centrou Milito dende a banda dereita e Bernardo rematou en boca de gol, polo menos levamos o da honra. A poucos minutos do final tamen fallariamos un penalti por medio de Cheli.
Foi unha autentica magoa ver coma un rival o que dominaches no xogo leva os tres puntos cunha victoria tan contundente pero xa o di unha das maximas do futebol, "O que perdoa, pagao", e nos perdoamos moito.

O retratista por fin se presentou e tirou unhas cantas instantaneas que para algo lle pagamos. Tedes o enlace coas fotos e a clasificacion aqui abaixo.

Resultados Xornada 29
Ropercort Trazo - Kubos2 - 3
H. Verde - Berres4 - 2
Stradivarius Brión - San Pedro1 - 5
C. Márquez Vilela - P. Universo3 - 1
Cire Melide - I. Ayude Arzúa1 - 1
Finsa - Lamela1 - 1
Compostela - Portosín(Apzdo)
Bergantiños - Praza de Maura1 - 4

Clasificacion