domingo, 12 de enero de 2014

BERGANTIÑOS 5 - TOULIÑA 2

Ola a tod@s,

O sábado recibimos a visita do Touliña, rival directo pola permanencia, e solventamos o encontro cun 5 a 2 que non foi tan sinxelo como indica o marcador.

Comezou o partido sen un dominador claro e aos cinco minutos adiantábase o equipo visitante cun espléndido cabezazo ao saque dunha falta lateral.
O gol espertou a un Bergan que se fixo o dominador do partido e xerou moitas ocasións. Moncho fixo o empate no minuto 10 ao rematar no primero pau un centro de Charly. Non se conformou o equipo co empate e novamente Moncho marcou tras unha gran xogada entre Brian e Bernardo. Corría o minuto 15 do partido e Milito marcou o terceiro gol tras un fantástico control e unha galopada "marca da casa", con parede incluída. Seguimos a dominar o encontro e no minuto 30 Bernardo fixo o cuarto gol para cerrar o marcador do primeiro tempo. Dende aquí ata o descanso refíxose o Touliña e igualouse o partido.

Na segunda parte cambiaron as tornas e o equipo visitante foi o dominador do xogo, polo que tivoas primeiras ocasións que Óscar se encargou de parar nun partido moi completo do CANcerbeiro Carballés. Marcou o segundo o Touliña cun disparo dende un lateral da área, e seguiron achuchando a portería local ata que dispuxeron dun claro penalti para poñerse a só un tanto, foise fora e poidemos refacernos un pouco.

Co penalti fallado apretamos un pouco o cuiño e subiu a intensidade do encontro ata que Brian fixo o quinto a vinte minutos do final. De aquí ata o remate o Touliña dominou pero non levou tanto perigo coma antes e o Bergan dispuxo  de algunha ocasión á contra. Mención especial merece Moncho que non quixo meter o terceiro para non levar o balón, xa que sabe da mala economía da que goza o equipo.

Con éste resultado (case)rematamos a primeira volta fora do descenso.

Quedan as fotos pendientes do retratista...

Un saúdo e Forza Bergantiños!

sábado, 4 de enero de 2014

BERGANTIÑOS 3 - SIGÜEIRO 1

Boas de novo,

O pasado sábado voltabamos á senda do triunfo ante o Sigüeiro, a quen derrotamos nas Eiroas por 3 a 1. O partido comezou moi ben pra nós xa que no minuto 5 marcaba en propia meta un dos defensores visitantes, tras o gol dominamos o partido ata o minuto 20 no que o Sigüeiro comezou a levar peligro á meta defendida por Óscar. Froito deste dominio conseguiron marcar o empate nun balón morto na área pequena.
Foi un partido de ida e volta no primeiro tempo e, despois do empate, tocounos mandar de novo e as ocasións foron para o Bergan. Adiantámonos no marcador por medio de Milito nunha fantástica xogada persoal pola banda dereita. Tras o gol chegaron máis ocasións para Cantelar, Brian e Bernardo que non estiveron atinados ante a meta visitante.

No segundo tempo igualáronse as forzas, o Sigüeiro apretaba e o Bergan saía á contra creando perigo por medio dos seus dianteiros. Tras varias decisións arbitrais controvertidas (cesión non sinalada, penalti sacado da área, expulsión de Diego...) fomos quen de marcar o terceiro gol por medio dunha xenialidade de Bernardo que sacou un disparo da chisteira cando menos se agardaba. Tras o gol houbo un par de acercamentos do Sigüeiro e finalizou o encontro.

Tralo partido tomamos unhas copiñas de cava para festexar o fin de ano futbolístico.