martes, 12 de agosto de 2014
UN POUCO DE HISTORIA:
Agora que comenza unha nova tempada a número 25 de este equipo na Liga de Santiago, estou intentando recuperar algunhas fotos dos primeiros tempos. Esta creo que a tiña Lolo Periscal. Ese ano conseguimos (non sei quén) que TECNO SICUR nos dera uns chubasqueiros (a parte de arriba e pantalón incluido), que naqueles sábados de inverno nos facía moita falta. No recordo exactamente as datas, pero sería sobre o ano 1990/1991, porque nesa foto xa non estaban os de Cerqueda, Vicente, Castro, o delantero centro. Tampouco estaba Beto, que xogou con nos polo menos unha temporada. Estaba xa VILA que como podedes supoñer era un camuflado que nin de coña chegaba ao 28. Nesa época non se habían incorporado nin Suso Villar, nin Os irmáns Ferreiro (chegaron a xogar os tres).
Por se non sabedes quen son:
Arriba e de esquerda a dereita: FERNANDO O URUGUAYO, FERREIRO, MATURANA (entrenador), VILA (morto de frio), SINDO, VARELA (de Buño), ROCCICCIOLI.
Abaixo e de esquerda a dereita: LUCIANO (primero que marcou un gol internacional en Espinho, Portugal), MANOLO PERISCAL, JOSÉ ANTONIO PERISCAL (primeiro presidente e quen nos metiu na Liga de Santiago: fomos nos e o Buño) TRIGO, LOLO PERISCAL e CENDÁN.
Na foto falta Ricardo que tamén xogaba con nós
Ay....quen pillara esos anos. Recordo que saliamos do GALICIA e tamén chegabamos alí, despois igual visitabamos os pubs, claro como estaban cerca. Verdade Trigo?, jeje.
domingo, 12 de enero de 2014
BERGANTIÑOS 5 - TOULIÑA 2
Ola a tod@s,
O sábado recibimos a visita do Touliña, rival directo pola permanencia, e solventamos o encontro cun 5 a 2 que non foi tan sinxelo como indica o marcador.
Comezou o partido sen un dominador claro e aos cinco minutos adiantábase o equipo visitante cun espléndido cabezazo ao saque dunha falta lateral.
O gol espertou a un Bergan que se fixo o dominador do partido e xerou moitas ocasións. Moncho fixo o empate no minuto 10 ao rematar no primero pau un centro de Charly. Non se conformou o equipo co empate e novamente Moncho marcou tras unha gran xogada entre Brian e Bernardo. Corría o minuto 15 do partido e Milito marcou o terceiro gol tras un fantástico control e unha galopada "marca da casa", con parede incluída. Seguimos a dominar o encontro e no minuto 30 Bernardo fixo o cuarto gol para cerrar o marcador do primeiro tempo. Dende aquí ata o descanso refíxose o Touliña e igualouse o partido.
Na segunda parte cambiaron as tornas e o equipo visitante foi o dominador do xogo, polo que tivoas primeiras ocasións que Óscar se encargou de parar nun partido moi completo do CANcerbeiro Carballés. Marcou o segundo o Touliña cun disparo dende un lateral da área, e seguiron achuchando a portería local ata que dispuxeron dun claro penalti para poñerse a só un tanto, foise fora e poidemos refacernos un pouco.
Co penalti fallado apretamos un pouco o cuiño e subiu a intensidade do encontro ata que Brian fixo o quinto a vinte minutos do final. De aquí ata o remate o Touliña dominou pero non levou tanto perigo coma antes e o Bergan dispuxo de algunha ocasión á contra. Mención especial merece Moncho que non quixo meter o terceiro para non levar o balón, xa que sabe da mala economía da que goza o equipo.
Con éste resultado (case)rematamos a primeira volta fora do descenso.
Quedan as fotos pendientes do retratista...
Un saúdo e Forza Bergantiños!

sábado, 4 de enero de 2014
BERGANTIÑOS 3 - SIGÜEIRO 1
Boas de novo,
O pasado sábado voltabamos á senda do triunfo ante o Sigüeiro, a quen derrotamos nas Eiroas por 3 a 1. O partido comezou moi ben pra nós xa que no minuto 5 marcaba en propia meta un dos defensores visitantes, tras o gol dominamos o partido ata o minuto 20 no que o Sigüeiro comezou a levar peligro á meta defendida por Óscar. Froito deste dominio conseguiron marcar o empate nun balón morto na área pequena.
Foi un partido de ida e volta no primeiro tempo e, despois do empate, tocounos mandar de novo e as ocasións foron para o Bergan. Adiantámonos no marcador por medio de Milito nunha fantástica xogada persoal pola banda dereita. Tras o gol chegaron máis ocasións para Cantelar, Brian e Bernardo que non estiveron atinados ante a meta visitante.
No segundo tempo igualáronse as forzas, o Sigüeiro apretaba e o Bergan saía á contra creando perigo por medio dos seus dianteiros. Tras varias decisións arbitrais controvertidas (cesión non sinalada, penalti sacado da área, expulsión de Diego...) fomos quen de marcar o terceiro gol por medio dunha xenialidade de Bernardo que sacou un disparo da chisteira cando menos se agardaba. Tras o gol houbo un par de acercamentos do Sigüeiro e finalizou o encontro.
Tralo partido tomamos unhas copiñas de cava para festexar o fin de ano futbolístico.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)