Boas de novo, este sabado volvemos a senda da victoria no campo das Eiroas e ante o Merkamueble Isorna.
O partido poñiase moi pronto de cara cos goles conseguidos por Carlos Landeira e por un defensa visitante en propia porta tras un saque de esquina de Chely, ainda non pasaran cinco minutiños e xa gañabamos 2 a 0. Seguimos dominando o partido e tendo ocasions que fallamos unha e outra vez ante a porteria rival (non esaxero se digo que fallamos 6 goles cantados), ata que nun mal pase en defensa regalamoslle un man a man o dianteiro rival que, por suposto, non desaproveitou. 2 a 1 e... descanso.
O segundo tempo foi moito mais disputado, volvemos a marcar por mediacion de Roberto Sande (un golazo tras unha xogada o primeiro toque entre Fariña, Diego, Moncho e o propio Roberto, que superou a salida do porteiro con unha vaselina). Co 3 a 1 no marcador xa nos tranquilizamos un pouco e volveron as complicacions en forma de gol, un saque de falta no que non andivemos moi listos acabou dentro das mallas defendidas por Oscar. 3 a 2 e volve o "canguelo", a mais de un pasoulle pola cabeza un recente empate a 5 que acadamos ante un equipo da zona baixa, pero esta vez a historia non se repetiu e Milito marcou o 4 a 2 de cabeza que nos devolvia a tranquilidade. De aqui ata o final moito balon largo e un gol para cada lado, o noso marcado por Carlos Landeira de novo.
O acabar o partido desprazamonos ata Razo para dar boa conta duns pulpiños e unhas palas asadas no Xoty para celebrar a reapertura do local por parte do noso amigo Tino.
O vindeiro sabado libramos por ser semana santa e ata o 10 de abril non temos que volver a calzar os borceghis. Disfrutade os dias festivos e vinde coas pilas cargadas.
Unha aperta compañeiros!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Noraboa polo trinfo do sabado,parecia un partido facil xaque nos primeiros 10 minutos xa ganabamos por2 a 0 logo complicouse algo a cousa pero soupemos reacinar e conseguimos a victoria moi dexexada por todos.
Saudos e que pasedes uha boa Semana Santa.
p. d. (olvidabaseme o presidente moi ben.)
Vamos a ver Hunti,se o retratista non vai xa non hai fotos ¿non? Excelente narración do partido, e da comida (estame a caer a baba), pero coño facede algunha fotiño aínda que sexa con un móvil oh...que hoxe teñen cámaras. Saúdos a todos e espero reincorporarme nos próximos partidos. Que pasedes todos unha boa semana santa....e rezade.......jejejeje
Boas Sindo, non hai fotos porque xa sabes que aqui non se pode poñer calquer traballo de aficionados, sobre todo despois da profesionalidade que amosas cada partido o que acudes co teu equipo, jejeje.
Unha aperta e ata pronto amigo.
xa as pasarei eu que teño bastantes, incluso da comida no xoty ( moi interesnates por certo). ademais da lesion muscular de suso L. uha aperta a todod
Ben,tudo ben,como non podía ser doutra maneira.Imposible pasar a Semana Santa enteira en Carballo...,moito ritmo,coma case sempre.Hoxe"apañei"os 60 anos...Envidiable,indiscutiblemente envidiable,segundo me contan...Ánimo,non vos desanimedes,que aínda vos faltan moitos.Por certo,díxome Lolo que se retiraba...Non será que está moi "namorado"?Bueno,tamén estamos nós,non?A ver quen di que non.Ata hai algún que non sae do "Infinito"...
¡¡¡¡FELICIDADES!!!! e non te preocupes que 60 non son nada, como dí a canción....que nos poidera levar como os levas tí. Coidate ata o venres.....jejejejeje e celebra o cumple como e debido....xa me entences ¿non?......jejejejejejee
Publicar un comentario