miércoles, 10 de marzo de 2010

BERGANTIÑOS 1 - VIÑOTECA RAQUEL 1

Hola a tod@s, emocionante partido o disputado o sabado pasado no recinto das Eiroas. Recibiamos o lider e iso motivounos para facer un partido serio.

O encontro foi moi igualado durante os noventa minutos e o resultado final de empate foi un mal menor para nos. Adiantaronse os visitantes o pouco de empezar o segundo tempo nunha contra moi ben levada pola banda esquerda, e non seria ata o minuto 90 no que Diego empataria cun tiro axustado a escuadra dereita do porteiro visitante.

Capitulo aparte merece o "arbitro" que nos veu pitar o sabado. Fixo unha arbitraxe totalmente parcial a favor do equipo visitante, sacando tarxetas a mansalva (so para nos, claro) e incluso chegou a chamar "fillo de puta" e amenazar de morte a un espectador que e atopaba vendo o partido. En fin, un desastre total, xa non so polo mal que arbitrou senon por non saber gardar as formas e a educacion minima esixible para estar nun campo de futbol.

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 VIÑOTECA RAQUEL 43
2 REDESYL ABANQUEIRO 36
3 VETERANOS ORDENES 34
4 A RAS DE RAS 32
5 CIRE DE MELIDE 31
6 SIONLLA TRANS. ARINES 31
7 LOUSAME VET. 30
8 BERGANTIÑOS 29
9 T.F.N. VILLESTRO 26
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 26
11 C.D. BERRES 21
12 PEÑA UNIVERSO 19
13 SYMATEC BERMES 14
14 MERKAMUEBLE ISORNA 14
15 CACHEIRAS VET 13
16 KARACHI-CAFETERIA 11

Resultados Xornada 19
Local

Visitante
CIRE DE MELIDE 1 2 REDESYL ABANQUEIRO
C.D. BERRES 0 1 VETERANOS ORDENES
KARACHI-CAFETERIA 1 1 SYMATEC BERMES
A RAS DE RAS 2 0 PEÑA UNIVERSO
CACHEIRAS VET 3 1 IMPRENTA AYUDE ARZUA
BERGANTIÑOS 1 1 VIÑOTECA RAQUEL
SIONLLA TRANS. ARINES 1 0 LOUSAME VET.
T.F.N. VILLESTRO 4 0 MERKAMUEBLE ISORNA

O goleador esta semana foi Diego, ahi vai a sua pequena homenaxe:


O vindeiro sabado recibimos a visita do Sionlla Trans. Arines no horario e campo habituais, e dicir:
18:30 horas no campo anexo das Eiroas

8 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Xa que o veciño Huntelar comenta o da arbitraxe da derradeira xornada,non me queda máis que dicir que o responsable das arbitraxes da Liga de Veteranos de Santiago ten que suspendelo de por vida de inmediato,e,ao mellor,dimitir por incompetente,dado que é completamente imposible que non tivera xa comportamentos deste tipo.E como dicía certo político,"non teño máis que dicir".Por certo,o vindeiro sábado,á noitiña,hai "polada,"da casa,en Oza de Bergantiños,en casa Bardanca...Outra formidable aposta do que anda a escoller estas caralladas nosas...

O renqueante dijo...

podo dar fé do que ese suxeto se puxo a decir porque acerqueime a ve-lo partido a cachiños e vín o final enteiro con ese golazo de Diego. enhoraboa ao equipo. quedamos todos os que estábamos ao lado do espectador alucinados co comportamento do colexiado. nas ligas da veteranos creo que nunca se viu tal cousa.

susoxxl dijo...

Gracias querido compañeiro de malpica por escrivir no nosobloc.
Encanto o arbitro e mellor nin mencionalo ,levo moitos anos nos veteranos dos sabados e non vin tal cousa,iva descarado por nos desde o minuto un asta o final,e non era por perder o partido sinon a verse impotente pola actitude do colexiado.
Espero que te fixaras no alataqui,alataqui....... ostra que ben nos salio.

O RETRATISTA dijo...

Parece que estamos en racha, refirome as comelladas, e esta vez toca "polada" en Oza, no xogar non xogaremos moito pero comer.....manda carallo con nós....Despois os luns uns con colesterol, outros con sucre, outros coa cabeza como un bombo....¡que sufridos somos! Na mesa tamén practicamos a táctica bautizada por Suso xxl, ALATAQUI...ALATAQUI.....je..ejejeje. Coidarse eh, polo menos ata o sábado....

susoxxl dijo...

Noraboa polo partido a pesares do colexiado conseguimos amarrar un punto moi valioso para as nosas aspiracions. Foi un partido serio e ordenado, eles tuberon uha ocasion e marcaron nos tubemos varias e marcamos uha, era complicado sacar uhn resultado positivo co arbitro que nos tocou.
Ahora toca prepararse para o sabado ben o segundo clasificado temos que ir a por eles xa sabedes a clave e ALATAQUI ,ALATAQUI.......
saudos e vemonos o sabado

O Bardo de Varcia dijo...

Onte,xoves,xa nos confirmou Moncho,o fillo de Tino,que estaban os polos "pelados"...,para o sábado,claro.Isto dos xoves,insisto,está cojonudamente.Moito me temo que o que busca a "financiación"para os Veteranos de Santiago xa estará argallando "algo"...,ou non?Sindo,xa te vin disfrutando a tope...

Anónimo dijo...

somos ,sempre os mismos e o carallo.

Cocinillas enmascarado dijo...

Gran partido hoxe: Pajaros contra Polos.
Quen ganara?
Resposta a partir das 22 horas