Boas xente! O pasado sábado día 3 de xaneiro xogamos un partido amistoso contra o Independiente de Carballo, equipo punteiro da Liga de Peñas. O partido disputouse no municipal das Eiroas con gran afluencia de público (viñeron autocares dende todas as parroquias do Concello) e co tempo un pouco frío.
Hai que decir que os dous equipos estiveron reforzados por fichaxes de última hora para que o espectáculo que se vise sobre o inmaculado terreo de xogo das Eiroas fose de primeirísimo nivel. A única nota negativa do encontro foi a grave lesión sufrida por un dos nosos reforzos, Álex, que sufriu unha rotura de tibia e peroné e tivo que ser evacuado en ambulancia do terreo de xogo. Dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación para que o ano que ven poida acompañarnos de novo.
O resultado, que era o de menos, foi de 5 a 4 para os veteranos e despois fomos todos xuntos (ata veu o colexiado) a papar unhas tortillas e uns viños ben merecidos.
O próximo partido é o sábado 10 de Xaneiro ás 6 da tarde en Malpica contra o Portosin.
Saudos e comentade algo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Que gran idea esta do blog. Sodes uns fenómenos.
Felicidades po=la victora, pero ben sabedes que non xogastes en contra do Independiente, nin se lle parecia, ainda que eso e o de menos.e Animos para Alex
Publicar un comentario