miércoles, 5 de enero de 2011

DIA 6 NAS EIROAS AS 18,00 : BERGANTIÑOS -- CARPINTERIA MARQUEZ

Según informa Suso XXL mañán dia 6 haberá partido nas Eiroas ás 18 horas contra carpintería Marquez.. Así acabouse a lorchanería.....toca empezar a correr outra vez.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

ÚLTIMOS RESULTADOS MUY POSITIVOS

Os últimos resultados foron excelentes:

BERGANTIÑOS 4 -- XANADU SILLEDA 2.
Goles de Bernardo 1, Milito 1 e Diego 2.

TRAZO 2 ---BERGANTIÑOS 2
Goles de Nacho e Milito.

jueves, 2 de diciembre de 2010

BEGANTIÑOS 1 -- ARZUA 1 .¡¡POR FIN SE ESTRENOU VILA E MARCOU UN GOL!!


Esta é a crónica que enviou SUSO XXL.
Bergantiños 1 Arzua 1
Partido moi disputado. O Arzua chegou a Carballo con un equipo moi novo e renovado,pola parte do Bergan alguha baixa destacable.
Comenzou o partido con voas sensacions para o Berga xa que no minuto 15 a salida dun corne Vila marca o 1-0, no minuto 18 Milito marca con un gran cabezazo, pero coleguiado da contienda anulouno por fora de xogo ¿¿¿???.
Asi finalizou a primeira mitade reanudose o xogo presionando o Arzua que non queria marchar da visita a terras de Carballo sin ningun puntiño, tanto foi asi que no minuto 27 acadaron o empate.O Bergan intentou marcar o segundo e tivemos varias ocasions: Cheli ,Bernardo e Milito pero o marcador non se moveria, polo tanto resultado final. Bergantiños-1 Arzua-1 .
Pola miña parte decir que como non teño fotos vou poñer a do protagonista do partido, o Presi (e non é por facerlle a pelota, porque eu xa non renovei este ano) que despois de ¡¡vinte temporadas!! algo así como uns 400 partidos nesta competición, por fin marcou o seu primeiro gol......¡¡felicidades para ó Vila!


martes, 23 de noviembre de 2010

BERGANTIÑOS 3 -- O PINO RESTAURANTE SUSO 2

E van tres de tres, nove puntos nos últimos tres partidos. Depois de un comenzo dubitativo este equipo parece que despertou e vamos a ver donde é capaz de chegar, porque existen bós mimbres para confeccionar un bo cesto de puntos. De momento a chita calando xa se está nos postos altos da clasificación a un partido do terceiro-cuarto posto.

Nesta ocasión non teño nin crónica, aínda que mo relataron un pouquiño o domingo, pero no tiña eu a antena moi receptiva...jejejejejeje, é como tampouco teño fotos vamos a deixar este titular.


ESTE EQUIPO VAI COMO UNHA BALA



domingo, 14 de noviembre de 2010

BERGANTIÑOS 2--- PUEBLA 0

Partidazo onte no anexo das Eiroas, os muchachos de Vila arrasaron ao equipo contrario, aínda que o resultado non o reflexe.
Na primera parte 1-0 gol de Nacho, pero tiveron ocasión Milito, polo menos dúas e Bernardo outras dúas, o resultado normal sería 4-0.
Na segunda parte máis do mesmo, golazo de Cheli 2-0 no minuto 3o, pero ocasións de marcar outros tres ou catro.
Partido xogado vaixo un "diluvio", xa ten mérito o xogar baixo estas condicións.
Esto marcha, sí señor.
Agora unha fotos do evento:
SABADO 12-11-2010

jueves, 11 de noviembre de 2010

NOVA VICTORIA: HAMBURGUESERIA VERDE 2 --- BERGANTIÑOS 3

Nova victoria para os muchachos dos sábados. O Presidente estirouse e fixo un fichaxe estrela: Julio, o ex-xogador do Bergan dos domingos non puido debutar millor xa que él soiño fixo o "triplete" (que tantos anglicanismos ni tanto carallo), si ...si macou tres goles coma tres soles y xunto co esforzo dos demáis conseguiron traer tres puntos importantes para Carballo, eso sí, non sin sofrimento, xa que os contrarios fallaron un penalti no minuto 90-. Noraboa rapaces a seguir así: podedes facelo é sabédelo.

Cando consiga descagar as fotos que me mandou Suso xxl xa volas poñerei aquí.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

SEGUNDA VICTORIA: BERGANTIÑOS 3 -- S.E. ABELLÁ VETERANOS 2

Chegou a segunda victoria nas Eiroas. O sábado gañamos 3-2 ao equipo S.E. ABELLÁ VETERANOS de pese a que empezamos perdendo ao final conseguiuse impoñerse. Tres puntiños na buchaca que veñen de maravilla. Esto empeza a marchar....si señor.

Aquí tendes a clasificación.
LIGA 2ª DIVISIÓN

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 MOMO SAN PEDRO 19
2 TOP SOLUCIONES SP. PUEBLA 15
3 CLIMATRAS ESTEIRO VET. 15
4 CARPINTERIA MARQUEZ VILELA 14
5 HAMBURGUESERIA VERDE 11
6 O PINO REST. SUSOS 10
7 S.E. ABELLÁ VETERANOS 8
8 A RAS DE RAS 8
9 IMPRENTA AYUDE ARZUA 8
10 BERGANTIÑOS 7
11 CACHEIRAS VET 7
12 ESCAYOLAS PIÑAN 7
13 TRAZO 6
14 C.D. BERRES 6
15 T.F.N. VILLESTRO 4
16 XANADU SILLEDA 3




E como reapareciu o RETRATISTA aquí tendes unha extensa reportaxe gráfica do partido.

BERGAN SANTIAGO SABADO 30 OCTUBRE

lunes, 18 de octubre de 2010

DERROTA CONTRA O LIDER 2-1

Aqui tendes unhas fotos do partido xogado o sábado contra o lider. Resultado 2-1, inmerecido segundo me contaron. Estamos pendiente de recibir a crónica oficial do noso corresponsal Suso XXL, o cal xa nos mandou as fotos. Gracias Suso que sería do sábado sin as tuas reportaxes e crónicas.


bergan sabado 16-10-10

domingo, 10 de octubre de 2010

CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA: BERGANTIÑOS 1 --- VILLESTRO 0

Tiña que chegar e chegou. Victoria sufrida a de onte no anexo das Eiroas sobre o Villestro por 1-0, gol de Roberto. Partido moi duro xa que o equipo contrario máis que un equipo de fútbol parecía un equipo de baloncesto, tiña homes moi.....moi altos e fortes. Non foi fácil doblegalos, pero por fin conseguise. Na primeira parte dúas boas intervencións de Oscar impediron que os visitantes se adelantaran. Unha vez máis os nosos delanteros perdoaron otra vez, e o árbitro non quiso ver un claro penalti ao final da primeira parte. Na segunda máis do mesmo, dúas expléndidas intervencións de Oscar impediron novamente que o Villestro se adelantara e a partir do minuto quince as contras do Bergan sobre todo pola banda dereita fixeronlle moito daño aos visitantes. Nacho e Diego perdoaron, pero o final un corner quitado maxistralmente rematouno Roberto pola escuadra. Como xa dixen antes eles tiñan seis ou sete xogadores altísimos, e o corner a única maneira de rematalo era por anticipación, así no primeiro pao Roberto adiantouse a defensa contraria e metiuna na escuadra. Suliñar a fortaleza física deles e quizar demasiado impetu nas súas entradas, por exempolo o 19 fixolle unha "rastrera" a Milito que estuvo moi axil, xa que se lle colle o pé en apoio a tal hora estariamos a falar de una grave lesión. Do árbitro millor non falar, cero de cero, vamos a ver se de unha vez por todas se castiga máis as entradas duras que poidan causar lesión e menos o darlle o palique, porque falar non lesiona a nadie....Estos árbitros cada vez son peores....¡¡¡¡dios que tortura!!!!.
Noraboa a todos....Ah e o polo na casa de Tino de Bardanca cojonoudo......y non digamos os "digestivos"......jejejejeje

Agora unhas fotiños do que vai de tempada:

bergan sabados 2010-11