miércoles, 1 de abril de 2009

Próximo Partido: Trazo - Bergantiños

Ropecort G.V. Trazo
VS
Cafetería Manaus Bergantiños

Sábado 4 ás 6 en Chaián

A ver se somos puntuais e ... Forza Bergantiños!!


Se pinchades encima do nome do campo tedes un mapa de cómo chegar, non vos queixedes que volo damos todo masticado, jejeje. Saúdos.

martes, 31 de marzo de 2009

O noso Pablo Abraira

Boas a tod@s, hoxe compracemonos en ofrecer a tódolos
nosos seguidores unha actuación única e irrepetible:
O NOSO PABLO ABRAIRA!!

Xa veredes vaia pedazo de voz ten o noso Pablo Abraira....jejejejeje, que o disfrutedes.

Para actuacións contactar con: onosopabloabraira@bergantinos.com
Precios populares.

Disfrutade do torrente de voz alcoholica do noso Abraira, jajaja.


UNHAS POUCAS FOTOS DO PARTIDO DO SÁBADO

Como o comentario do partido xa o fixo Huntelar ahí vos deixo unhas poucas fotos do partido..Ah! e sigo intentando subir os vídeos, lástima que aínda no no conseguira porque algún deles é para nota...jejeje.
Bergantiños - Arzúa 28-03-09

A liga é posible!!

Xa o di Aragonés "O Sabio da Maleza", aínda podemos optar á liga... ¿ou non? Xa non sei nada...

miércoles, 25 de marzo de 2009

Victoria e... fotos!

Hola xente, este sábado por fin retornamos á senda da victoria ante un rival directo e ascendemos un pouco máis na clasificación. O partido suspendeuse no minuto 85 cando íamos a tirar un penalti debido a que os rivais abandonaron o campo por non estar de acordo coas decisións do árbitro (2 expulsións). Só dicir que o resultado final foi de 4 a 1 con goles de Bernardo (2), Milito e Carlos Landeira, esperamos ilustrar a crónica con algunha fotiño esta semana, en canto se recupere o retratista da enchente. Ah, olvidóuseme dicir que xogamos contra dez, jejeje.

Outra cousiña, xa está ben de tanta foto nas tabernas, para que a xente vexa que tamén xogamos ó futebol e que somos un equipo con tradición e solera vou a enseñarvos unhas fotiños da historia deste gran equipo. Para disfrutar das fotos só tedes que pinchar na foto que tedes a continuación e darlle a "presentación de diapositivas", coma sempre oh!!. Saúdos e Forza Bergantiños!!



CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION
Pos. Equipo Puntos
1 VETERANOS DEL COMPOSTELA 49
2 SOGRANI - PORTOSIN 42
3 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 41
4 CARPINT. MARQUEZ VILELA 38
5 VETERANOS CD BERRES 36
6 HOTEL PLAZ A DE MAURA 32
7 IMPRENTA AYUDE ARZUA 28
8 CIRE DE MELIDE 27
9 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS 27
10 CATERING CARLIN SAN PEDRO 25
11 FINSA 25
12 ROPERCORT G. V. TRAZO 24
13 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 23
14 HAMBURGUESERIA VERDE 23
15 LAMELA 22
16 STRADIVARIUS BRION 8

Subimos como a espuma, para a semana próxima hai que ser séptimos (se os resultados o permiten), vamos rapaces e Forza Bergantiños!!

Próximo partido: Bergantiños - Arzúa

Cafetería Manaus Bergantiños
VS
Imprenta Ayude Arzúa

Sábado ás 5 da tarde no campo de Buño

CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISION
Pos. Equipo Puntos
1 VETERANOS DEL COMPOSTELA 49
2 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO 40
3 SOGRANI - PORTOSIN 38
4 CARPINT. MARQUEZ VILELA 37
5 VETERANOS CD BERRES 35
6 HOTEL PLAZ A DE MAURA 32
7 IMPRENTA AYUDE ARZUA 28
8 CIRE DE MELIDE 27
9 CATERING CARLIN SAN PEDRO 25
10 FINSA 25
11 CAFETERIA MANAOS BERGANTIÑOS 24
12 PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 23
13 HAMBURGUESERIA VERDE 23
14 LAMELA 22
15 ROPERCORT G. V. TRAZO 21
16 STRADIVARIUS BRION 8

Ahí tedes a clasificación para animarnos un pouco... non imos tan mal!. Se pinchades encima do nome dos equipos saen as estadísticas da temporada.
Ata o sábado xente e ... Forza Bergantiños!!

martes, 24 de marzo de 2009

BERGANTIÑOS 1 - HAMBURGUESERIA VERDE 3

O sábado nas Eiroas perdemos por 1-3 ante o penúltimo e estamos a complicarnos a vida. Fixemos 10 minutos bos na primeira parte, cando eles tiñan 10, pero non soupemos aproveitar e despois todo foi un desastre. Partido para olvidar. Esta segunda volta nosa é de escándalo. Menos mal que despois fomos a cear é ahí si que somos un fenómenos.....Vamos a pasar unhas cuantas fotos do evento...E intentarei subir uns videos ...jejejejejejeje...coidado con algunha actuación..........a cámara de vídeo e máis traicionera que a máquina de fotos...jejejejeje.

Xa sabedes pinchade na foto e sairán todas, se as queredes ver máis grandes pinchar arriba a esquerda en "presentación de diapositivas" ou en cada unha das fotos.....disfrutade...jejejeje.

martes, 17 de marzo de 2009

BRIÓN 2 -- BERGANTIÑOS 2

O sábado tocounos xogar en Brión contra o último clasificado e o resultado foi 2-2. Partido para olvidar sobre todo na primeira parte na que xogamos moi mal. Fomos ao descanso perdendo 1-0 e eles conseguiron marcarnos outro gol más. Solamente ao final conseguimos recortar por medio de Milito que marcou dous goles. Agora déixovos con unha fotiños. Xa sabedes pinchade nela para velas todas. Estou preparando o vídeo para subir polo menos parte del. 


partido de Brion 2-2

jueves, 22 de enero de 2009

TODAS (CASI) AS FOTOS DA CEA NO MADRID

Yuli pidiume que publicara as fotos da cea do outro día,  xa publique algunhas pero agora van todas (bueno, a decir verdade, casi todas, porque hai dúas o tres que non se poden publicar...).
Xa sabedes: pinchade na foto que sae debaixo e veredes as outras todas, se as queredes ver máis grandes pinchade en presentación de diapositivas..disfrutade delas..........disfrutade.....

CEA NO MADRID O 10-01.2009

miércoles, 7 de enero de 2009

Partido amistoso contra o Independiente de Carballo

Boas xente! O pasado sábado día 3 de xaneiro xogamos un partido amistoso contra o Independiente de Carballo, equipo punteiro da Liga de Peñas. O partido disputouse no municipal das Eiroas con gran afluencia de público (viñeron autocares dende todas as parroquias do Concello) e co tempo un pouco frío.
Hai que decir que os dous equipos estiveron reforzados por fichaxes de última hora para que o espectáculo que se vise sobre o inmaculado terreo de xogo das Eiroas fose de primeirísimo nivel. A única nota negativa do encontro foi a grave lesión sufrida por un dos nosos reforzos, Álex, que sufriu unha rotura de tibia e peroné e tivo que ser evacuado en ambulancia do terreo de xogo. Dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación para que o ano que ven poida acompañarnos de novo.
O resultado, que era o de menos, foi de 5 a 4 para os veteranos e despois fomos todos xuntos (ata veu o colexiado) a papar unhas tortillas e uns viños ben merecidos.

O próximo partido é o sábado 10 de Xaneiro ás 6 da tarde en Malpica contra o Portosin.

Saudos e comentade algo.