martes, 30 de marzo de 2010

BERGANTIÑOS 5 - ISORNA 3

Boas de novo, este sabado volvemos a senda da victoria no campo das Eiroas e ante o Merkamueble Isorna.

O partido poñiase moi pronto de cara cos goles conseguidos por Carlos Landeira e por un defensa visitante en propia porta tras un saque de esquina de Chely, ainda non pasaran cinco minutiños e xa gañabamos 2 a 0. Seguimos dominando o partido e tendo ocasions que fallamos unha e outra vez ante a porteria rival (non esaxero se digo que fallamos 6 goles cantados), ata que nun mal pase en defensa regalamoslle un man a man o dianteiro rival que, por suposto, non desaproveitou. 2 a 1 e... descanso.

O segundo tempo foi moito mais disputado, volvemos a marcar por mediacion de Roberto Sande (un golazo tras unha xogada o primeiro toque entre Fariña, Diego, Moncho e o propio Roberto, que superou a salida do porteiro con unha vaselina). Co 3 a 1 no marcador xa nos tranquilizamos un pouco e volveron as complicacions en forma de gol, un saque de falta no que non andivemos moi listos acabou dentro das mallas defendidas por Oscar. 3 a 2 e volve o "canguelo", a mais de un pasoulle pola cabeza un recente empate a 5 que acadamos ante un equipo da zona baixa, pero esta vez a historia non se repetiu e Milito marcou o 4 a 2 de cabeza que nos devolvia a tranquilidade. De aqui ata o final moito balon largo e un gol para cada lado, o noso marcado por Carlos Landeira de novo.

O acabar o partido desprazamonos ata Razo para dar boa conta duns pulpiños e unhas palas asadas no Xoty para celebrar a reapertura do local por parte do noso amigo Tino.

O vindeiro sabado libramos por ser semana santa e ata o 10 de abril non temos que volver a calzar os borceghis. Disfrutade os dias festivos e vinde coas pilas cargadas.
Unha aperta compañeiros!!

sábado, 27 de marzo de 2010

CLASICOS POPULARES: LA MARTINA



Quince años tenia Martina
cuando su amor me entrego
a los dieciséis cumplidos
una traición me jugo.

Estaban en la conquista
cuando el marido llego
que estas haciendo Martina
que no estas en tu color.

Aquí me estado sentada
no me podido dormir
si mi tienes desconfianza
no te separes de mi.

De quien es esa pistola
de quien es ese reloj
de quien es ese caballo
que en mi corral relincho.

Ese caballo es muy tuyo
tu papá te lo mando
para que fueras a la boda
de tu hermana la menor.

Yo para que quiero caballos
si caballos tengo yo
lo que quiero es que me digas
quien en mi cama durmió.

En tu cama nadie duerme
cuando tu no estas aquí
si me tienes desconfianza
no te separes de mi.

Y la tomo de la mano
a sus papas la llevo
suegros aquí esta Martina
que una traición me jugo.

Llévatela tu mi yerno
la iglesia te la entrego
y si ella te ha traicionado
la culpa no tengo yo.

Hincadita de rodillas
nomás seis tiros le dio
el amigo del caballo
ni por la silla volvió.

martes, 23 de marzo de 2010

BERGANTIÑOS 0 - AMIO 1. ADEUS A COPA

Boas xente, este pasado sabado rematamos a nosa andadura na copa caendo ante o Amio Deportes Caneda nas Eiroas por 0 a 1.

Do partido hai que dicir que plantexamos un partido moi serio ante un equipo que milita duas categorias por encima nosa e que non foi capaz de meternos o dente ata o minuto 85 nunha contra moi ben levada. Xogamos coma nunca e... non lle metemos un gol a ninguen, a racha que levamos os dianteiros e bastante mala pero faremos por cambiala no proximo partido.

Agora temos que centrarnos na liga e ver que obxectivos nos plantexamos xa que nas vindeiras xornadas veremos o nivel real deste equipo.

Un saudo e ata pronto.

sábado, 13 de marzo de 2010

Vila´s people - A xente de Vila

Aqui deixo un video para que nos axude a todos pra coller forzas.
Arriba que somos a Vila´s people!!





Un saludo presi.

miércoles, 10 de marzo de 2010

BERGANTIÑOS 1 - VIÑOTECA RAQUEL 1

Hola a tod@s, emocionante partido o disputado o sabado pasado no recinto das Eiroas. Recibiamos o lider e iso motivounos para facer un partido serio.

O encontro foi moi igualado durante os noventa minutos e o resultado final de empate foi un mal menor para nos. Adiantaronse os visitantes o pouco de empezar o segundo tempo nunha contra moi ben levada pola banda esquerda, e non seria ata o minuto 90 no que Diego empataria cun tiro axustado a escuadra dereita do porteiro visitante.

Capitulo aparte merece o "arbitro" que nos veu pitar o sabado. Fixo unha arbitraxe totalmente parcial a favor do equipo visitante, sacando tarxetas a mansalva (so para nos, claro) e incluso chegou a chamar "fillo de puta" e amenazar de morte a un espectador que e atopaba vendo o partido. En fin, un desastre total, xa non so polo mal que arbitrou senon por non saber gardar as formas e a educacion minima esixible para estar nun campo de futbol.

CLASIFICACIÓN 2ª DIVISIÓN
# Equipo Puntos
1 VIÑOTECA RAQUEL 43
2 REDESYL ABANQUEIRO 36
3 VETERANOS ORDENES 34
4 A RAS DE RAS 32
5 CIRE DE MELIDE 31
6 SIONLLA TRANS. ARINES 31
7 LOUSAME VET. 30
8 BERGANTIÑOS 29
9 T.F.N. VILLESTRO 26
10 IMPRENTA AYUDE ARZUA 26
11 C.D. BERRES 21
12 PEÑA UNIVERSO 19
13 SYMATEC BERMES 14
14 MERKAMUEBLE ISORNA 14
15 CACHEIRAS VET 13
16 KARACHI-CAFETERIA 11

Resultados Xornada 19
Local

Visitante
CIRE DE MELIDE 1 2 REDESYL ABANQUEIRO
C.D. BERRES 0 1 VETERANOS ORDENES
KARACHI-CAFETERIA 1 1 SYMATEC BERMES
A RAS DE RAS 2 0 PEÑA UNIVERSO
CACHEIRAS VET 3 1 IMPRENTA AYUDE ARZUA
BERGANTIÑOS 1 1 VIÑOTECA RAQUEL
SIONLLA TRANS. ARINES 1 0 LOUSAME VET.
T.F.N. VILLESTRO 4 0 MERKAMUEBLE ISORNA

O goleador esta semana foi Diego, ahi vai a sua pequena homenaxe:


O vindeiro sabado recibimos a visita do Sionlla Trans. Arines no horario e campo habituais, e dicir:
18:30 horas no campo anexo das Eiroas