jueves, 22 de enero de 2009

TODAS (CASI) AS FOTOS DA CEA NO MADRID

Yuli pidiume que publicara as fotos da cea do outro día,  xa publique algunhas pero agora van todas (bueno, a decir verdade, casi todas, porque hai dúas o tres que non se poden publicar...).
Xa sabedes: pinchade na foto que sae debaixo e veredes as outras todas, se as queredes ver máis grandes pinchade en presentación de diapositivas..disfrutade delas..........disfrutade.....

CEA NO MADRID O 10-01.2009

miércoles, 7 de enero de 2009

Partido amistoso contra o Independiente de Carballo

Boas xente! O pasado sábado día 3 de xaneiro xogamos un partido amistoso contra o Independiente de Carballo, equipo punteiro da Liga de Peñas. O partido disputouse no municipal das Eiroas con gran afluencia de público (viñeron autocares dende todas as parroquias do Concello) e co tempo un pouco frío.
Hai que decir que os dous equipos estiveron reforzados por fichaxes de última hora para que o espectáculo que se vise sobre o inmaculado terreo de xogo das Eiroas fose de primeirísimo nivel. A única nota negativa do encontro foi a grave lesión sufrida por un dos nosos reforzos, Álex, que sufriu unha rotura de tibia e peroné e tivo que ser evacuado en ambulancia do terreo de xogo. Dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación para que o ano que ven poida acompañarnos de novo.
O resultado, que era o de menos, foi de 5 a 4 para os veteranos e despois fomos todos xuntos (ata veu o colexiado) a papar unhas tortillas e uns viños ben merecidos.

O próximo partido é o sábado 10 de Xaneiro ás 6 da tarde en Malpica contra o Portosin.

Saudos e comentade algo.