viernes, 19 de junio de 2009

Cea fin de tempada (II)

Hoxe celebraremos o fin da tempada e a permanencia na cerveceria A Bombonera a partir das 22:30 horas. Agardamos a vosa presencia.

jueves, 11 de junio de 2009

Golpe de efecto!!

Hola xente!
Despois dos ultimos movementos do Real Madrid de Florentino nas fichaxes de Kaka e Cristiano Ronaldo anda o noso presidente mais contento que unhas pascuas. O motivo da sua alegria non e outro que o compromiso que lle arrancou os dous futbolistas para xogar no Bergan en canto pasen dos 30 anos e queden libres, asi que estas fichaxes son un paso adiante para o futuro destes dous cracks mundiais no Bergantiños de Veteranos.
Xa puidemos ver a intencion de Kaka nunha celebracion recente o seu compromiso co noso
clube...


E coma Cristiano non queria ser menos abordou a Vila na entrega do galardon o "Veterano do ano" da tempada pasada para ter opcions de xogar o lado de tan grandes futebolistas.


A unica condicion que puxeron foi que seguise xogando Luciano, que os rapaces estan cansos de tanto aquarius e queren coñecer sitios enxebres onde tomar uns vasiños e botarlle unhas pezas.

Queremos felicitar a Vila por estas duas incorporacions de primeiro nivel que, xunto a Huntelaar, sembraran o panico nas defensas dos equipos rivais. Gran xestion Presi!

martes, 9 de junio de 2009

Bergantiños 1 - Plaza de Maura 4

Boas socios!!
Esta semana tocounos perder na casa ante un rival que para nada foi superior a nos. Simplemente enchufou as ocasions que tuvo e nos hinchamonos a fallar diante do seu porteiro, fallamos ata os penaltis. Empezamos o partido serios e controlando o xogo, pero na primeira ocasion que se acercou o Plaza de Maura marcou despois de tres rechaces. Volta a empezar e seguimos controlando o partido e con ocasions, todas falladas pola nosa pouco afortunada dianteira. No medio do noso festival de fallos ofensivos chegou outro defensivo e un despeje converteuse nunha perfecta asistencia a porta vacia para que fixeran o segundo gol. Descanso e na segunda parte atacamos con mais impetu que cabeza e colleronnos en dous contragolpes que puxeron o 0 a 4 no marcador. A partires de aqui partido de tramite con mais ocasions falladas pola nosa parte ata que centrou Milito dende a banda dereita e Bernardo rematou en boca de gol, polo menos levamos o da honra. A poucos minutos do final tamen fallariamos un penalti por medio de Cheli.
Foi unha autentica magoa ver coma un rival o que dominaches no xogo leva os tres puntos cunha victoria tan contundente pero xa o di unha das maximas do futebol, "O que perdoa, pagao", e nos perdoamos moito.

O retratista por fin se presentou e tirou unhas cantas instantaneas que para algo lle pagamos. Tedes o enlace coas fotos e a clasificacion aqui abaixo.

Resultados Xornada 29
Ropercort Trazo - Kubos2 - 3
H. Verde - Berres4 - 2
Stradivarius Brión - San Pedro1 - 5
C. Márquez Vilela - P. Universo3 - 1
Cire Melide - I. Ayude Arzúa1 - 1
Finsa - Lamela1 - 1
Compostela - Portosín(Apzdo)
Bergantiños - Praza de Maura1 - 4

Clasificacion

miércoles, 3 de junio de 2009

Bergantiños 1969: Campion da Copa Galicia

Hola, acabo de ver unha nova de La Voz de Galicia na que se menciona que o Bergantiños foi campion da Copa Galicia fai corenta anos, formando parte desa lexendaria plantilla Lolo Periscal que hoxe segue a gastar os "borceghis" polos campos do mundo en diante defendendo a camisola dos Veteranos do Bergantiños. Noraboa Lolo pola tua constancia e teson, xa que sabemos que pasaches por algunha lesion que, a calquer outro, abocariao inevitablemente a retirada. Ogalla sigas moitos anos o noso lado, e non so no campo que nas tabernas tamen temos que ter algun que leve a guitarra, jejeje.
Atalogo e... Forza Bergantiños!!


Portosin 4 - Bergantiños 0

Boas a tod@s!!
Este sabado non puiden asistir o partido pero segun me contan os compañeiros e un partido facil de contar: presentamonos no campo do segundo clasificado coa xente xusta e un calor de moito carallo. Xa non hai mais que contar.

Hai que dicir que esta semana aseguramos matematicamente a permanencia e agora toca disfrutar dos partidos que quedan e comezar a planificar a proxima tempada, xa enviou David Vidal informes sobre algun xogador.

Deixovos os resultados e unhas fotiños que sacaron os aguerridos compañeiros que foron a xogar o sabado.

Xornada 28
Local

Visitante
HOTEL PLAZA DE MAURA 4 0 CAFETERIA KUBOS - DEPORTIVO CERCIO
SOGRANI - PORTOSIN 4 0 CAFETERIA MANAUS BERGANTIÑOS
LAMELA 1 7 VETERANOS DEL COMPOSTELA
IMPRENTA AYUDE ARZUA 1 1 FINSA
PEÑA UNIVERSO-BARRILOCHE 2 0 CIRE DE MELIDE
CATERING CARLIN SAN PEDRO 2 0 CARPINT. MARQUEZ VILELA
VETERANOS CD BERRES 2 0 STRADIVARIUS BRION
ROPERCORT G. V. TRAZO 1 3 HAMBURGUESERIA VERDE


Portosin - Bergan

Atalogo e... Forza Bergantiños!!